NÚMERO 338 - 19/12/2016
CUTUDC / Novidades
A certificación de Facenda , escondida polo reitor durante meses, demostra até que punto chegou o comportamento do equipo de goberno. Se xa o feito de declarar prazas a amortizar sen o previo coñecemento e negociación co órgano de representación d@s traballador@s e a súa ocultación é unha ilegalidade manifesta, o feito de escamotearlle tamén esa información ao Consello de Goberno, órgano onde se aprobou (co rexeitamento d@s representantes do PAS) demostra un xeito de proceder até agora nunca visto nesta universidade.
A aprobación da Oferta de
Emprego Público do PAS lévase ao Consello de Goberno
do 21 de xullo de 2016 (Orde
do día). A
documentación aportada para a súa aprobación non
reflectía ningunha amortización nin verbalmente se
sinalou esta circunstancia, na
acta desa reunión aprobada na sesión do 28 de
setembro non se contempla tal condición. O
Consello de Goberno aprobou a Oferta de Emprego sen
ter coñecemento de todo o que implicaba, feito
gravísimo e, como sinalamos anteriormente,
circunstancia que nunca se produciu nesta
universidade.
Este reitor e equipo non só enganan e ningunean ao
PAS, o seu proceder ilegal abrangue a toda a
comunidade universitaria e aos seus órganos de
representación nos que se toman as decisións.
A posición da Xunta de Persoal, neste caso, é
unánime, esixir ao xerente e ao reitor que todas as
prazas vacantes saian a concurso, de non facelo
deste xeito actuaremos contundentemente contra todas
as ilegalidades cometidas que, como se observa,
foron máis de unha.
A manobra urdida polo reitor evidencia a intención de impedir que unhas moi determinadas prazas saian a concurso, feito que non podemos tolerar.
Para a defensa da legalidade e dos dereitos das
traballadoras e traballadores utilizaremos todas
ferramentas ao noso dispor, a mobilización, a
denuncia pública e nos xulgados, (nos que involucraremos, tamén, á Consellería) e, de ser
necesario, utilizaremos o mecanismo previsto para
que o Claustro Universitario inicie o procedemento
para realizar unhas novas eleccións a reitor.
A Xunta de Persoal
convocou unha concentración o vindeiro día 22 de decembro, coincidindo coa sesión do Consello de Goberno, coa que iniciaremos o camiño sinalado e á que vos chamamos a participar. Non podemos quedar parad@s diante da ilegal actuación do reitor.
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript