Decembro de 2016
 
 

NÚMERO 338 - 19/12/2016

   CUTUDC / Novidades

  UNIVERSIDADE
 

Resumo da sesión do Claustro do día 14/12/2016

Ademais da información oficial que a propia universidade emitiu do desenvolvemento da sesión do Claustro queremos sinalar as intervencións realizadas polos nosos representantes que, como era previsible comezaron cunha cuestión de orde debido ao manifesto retraso no envío da información relativa ao punto 3 da orde do día.

 

  • Noticias relacionadas

 

Cuestión de orde.
A información relativa ao punto 3 da orde do día non se achegou dentro do prazo establecido no artigo 4 do Regulamento de Réxime Interno do Claustro.
 
O noso colectivo non vai facer disto unha cuestión de principio pero si pode ser razón suficiente para deslexitimar as decisións que se adopten nesta reunión.
 
Para as persoas que representamos a colectivos amplos, os prazos, xa curtos de por sí, impiden as achegas de compañeiras e compañeiros aos que representamos.
 
Instamos, polo tanto, ao cumprimento, como mínimo, dos tempos establecidos nos respectivos regulamentos.
 
Neste punto o secretario xeral sinala que, de ningún xeito é ilegal o procedemento. A lei faculta a incumprir os prazos se concorren causas xustificadas. A negociación dos orzamentos impediu enviar con antelación esa documentación. Os prazos impiden, tamén, retrasar a sesión do Claustro.
 
1. Aprobación, se proceder, das actas da sesión ordinaria do 30 de marzo de 2016 e da sesión extraordinaria do 13 de outubro de 2016
 
A acta da sesión do13 de outubro, o arquivo en audio da sesión pode consultarse en: https://youtu.be/YgrRHVud3r8
 
3. Aprobación das liñas xerais orzamentarias para o exercicio 2017
 
Intervención representante do PAS:
 
O documento que se nos presenta ten dúas partes ben marcadas. Unha con proliferación de datos e outra que se limita a marcar intencións. No desenvolvemento desa parte tan xenérica do documento que, como o que cada ano se nos trae a aprobación, votamos en falta a alusión como unha das prioridades, tamén reiterada até agora, do compromiso co mantemento das plantillas tanto de PDI como de PAS.
 
Entendemos que esta prioridade debería de seguir sendo o eixo que vertebre o orzamento da institución.
 
Reivindicamos, unha vez máis, que a RPT á que se fai mención no apartado dedicado ao PAS recolla as necesidades reais de cobertura de postos de traballo, recollendo nela os postos que se demostren como necesarios a nivel estrutural (nomeadamente os que requiren a reiteración de contratos de 3+3 e subcontratos con empresas como no caso de controladores)
 
Tamén, como todos os anos, reivindicaremos que, en partidas tan importantes como a acción social, os orzamentos recuperen as cantidades que se contemplaban nos orzamentos de 2013.
 
Resposta do reitor: aínda que non se expresa literalmente na redacción, o sentido do documento vai por ese camiño, asegurar tanto os postos de traballo do PDI como do PAS.
 
Posto a votación este punto obtivo:
 
68 votos a favor, 20 abstencións e 8 votos en contra. O PAS abstívose.

 
4. Informe de xestión do Valedor Universitario
 
Votación deste punto:
67 votos a favor, 4 abstencións e 2 votos en contra. O PAS votou a favor.
 
5. Quenda aberta de intervencións

Representante do PAS:
 
Mañá coñeceremos a decisión que o Equipo de Goberno determinou sobre as prazas que contemplará o “Concurso de Méritos” do PAS.
 
Significar, unha vez máis, que, de non aparecer todas as vacantes, o sr. reitor abócanos, novamente, á confrontación.
 
Instamos ao sr. reitor, xerente e demáis persoas que compoñen o equipo de goberno a conciliar nun punto tan importante para o colectivo.
 
O reitor sinala que o xerente xa nos comunicará a súa decisión.
 
Orde do día.
 
A sesión nos medios:
 
http://www.udc.gal/comunicacion/novas/2016/12/nota_prensa_20161214.html

 
http://galego.laopinioncoruna.es/coruna/2016/12/15/universidad-fija-objetivo-mantenimiento-personal/1134513.html
 
http://galego.lavozdegalicia.es/noticia/galicia/2016/12/15/ocho-profesores-llevan-juzgado-supresion-departamentos-udc/0003_201612G15P6991.htm

 

 

 

 

 

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript