NÚMERO 338 - 19/12/2016
CUTUDC / Novidades
Máis colaboracións.
Cacicada
O sr.
reitor cometeu unha ilegalidade manifesta. Considero que
peor aínda que o que sae nos xornais atribuíndoselle ao seu
homólogo reitor da universidade Rei Juan Carlos, por certo
estráñame que non publicastes nada no Pasquín. Se a este, ao
da Juan Carlos, se lle reclama, xustificadamente, a
dimisión, a mentira, a ocultación, a ilegalidade tampouco se
poden consentir na universidade. Hai que ir até onde faga
falta.
Escéptica
Sempre
fun escéptica con este reitor, nas asembleas realizadas
sobre promocións... xa se advertiu da posibilidade de que as
prazas vacantes non saísen todas a concurso porque parecía
que se ía xogar sucio. As prazas a amortizar confirman as
sospeitas, deste xeito non sairán a concurso, as persoas que
as ocupan seguirán neses postos, despois xa o reitor
decidirá o que se fai con elas.
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript