NÚMERO 338 - 19/12/2016
CUTUDC / Novidades
No anterior PASquín informámosvos dunha reunión da Xunta de Persoal coa Xerencia para tratar sobre a reorganización das Unidades de apoio á xestión de centros e departamentos. Criterios para a concesión de comisións de servizo e convocatoria promoción interna C2. Ao peche da edición daquel PASquín non puidemos informar sobre o desenvolvemento da reunión, cousa que facemos deseguido.
Reunión Xunta de Persoal / Xerencia, 10 hs.
día 29 de novembro 2016.
Orde do día
1. Reorganización das Unidades de apoio á
xestión de centros e departamentos
2. Criterios para a concesión de comisións de
servizo
3. Convocatoria promoción interna C2
4. Rolda aberta de Intervencións
1. Reorganización das Unidades de apoio á
xestión de centros e departamentos
Debate explicando a nosa
contraproposta enviada o luns 28.
Din non entendela: cren queda claro que sí queda
centralizada a unidade, e que todas as prazas quedan
igual, simplemente na descrición do posto hai
algunhas prazas de responsabeis administrativos con
indicación concreta de a qué departamento se
adscriben.
Debátese un bó rato sobre as descricións concretas
dos postos, sobre a consideración nosa de que non é
necesario denominalos de forma diferente se son os
mesmos postos, de que se a unidade é centralizada
non necesitan que figure a referencia ao
departamento, etc. Entregánnos un
cadro de como quedarían as prazas e a proposta
de readscrición dos postos dentro dos centros:
propoñen que, nos departamentos afectados por algún
cambio, a prioridade é o acordo entre o persoal, e
de non habelo, a antigüidade no posto.
Recollendo o expresado no debate, dín considerar que
está moi avanzada a proposta e ao equipo xerencial
interesalle moito, e que matizarán o documento para
que quede máis claro nos descriptores dos postos que
non hai diferencias.
Este luns completaron esa información : A
proposta de readscrición definitiva do persoal de
departamentos, e a
Proposta de Reforma de Unidades , e
Programación anual xa para informar
2. Criterios para a concesión de
comisións de servizo
Comentamos o
documento enviado o venres 25: parécenos mal
redactado, pouco claro, e que non recolle todos os
supostos:
● Non entendemos que figure na orde de
prelación para a concesión de CS en postos base
vacantes, a oferta a persoal do mesmo centro, cando
se di ao mesmo tempo que non se conceden comisións
de posto base a posto base se non é por cambio de
campus ou quenda.
● No que se refire a postos singularizados,
independentemente da nosa opinion contraria a que o
primeiro punto sexa a proposta que faga o propio
centro, non queda claro quen fai a proposta, e como
só se refire a postos base de administración ou
auxiliar nos seguintes supostos. Falta por tanto,
moita casuística sen contemplar.
Preguntamos tamén pola “lista negra”, (xente
penalizada por renunciar nun momento dado a unha
comisión): recoñeceron que sí se están aplicando
penalizacións, pero non concretaron cómo, e
admitiron que hai que darlle unha volta ao tema.
Quedamos, unha vez máis, en reunirnos
específicamente para tratar isto en canto se
incorpore a Xefa do Servizo de Planificación.
3. Convocatoria promoción interna C2
Xerencia propuxo nomear unha comisión para
tratar técnicamente a nosa
proposta coa presenza de persoal do servizo de
Planificación e da Asesoría Xurídica e algún membro
da Xunta de Persoal, na semana seguinte á da ponte
da Constitución
4. Rolda aberta de Intervencións
Coméntanse en primeiro lugar os temas
relacionados no escrito enviado por nós o luns 28:
● Instrución VIII/2015 pola que se
establece o tope de remuneración por hora de
colaboración do persoal de Administración e Servizos
en títulos propios.
Aceptan a contraproposta para empezar a falar
serieamente de como estan regulamentadas estas
actividades con recursos non afectados, xa que
entenden non se están actuando adecuadamente.
● Instrución de Vacacións e permisos
Din é un tema para tratar na Mesa Xeral cos
sindicatos e que non presentaron proposta porque
faltan os festivos locais de Santiago; pero nós
insistimos en que a estas alturas tiña que
presentarse a proposta, aínda que quedara pendente o
referido aos festivos locais, se verdadeiramente
teñen vontade de que se publique a instrución en
tempo. Afirman estar moi satisfeitos coa Instrución
do último ano, con algúns matices (que non
concretaron), e instaron aos sindicatos a presentar
proposta do que queiran cambiar.
● Acordo mobilidade
Completan a información solicitada referida á
Universidade de Vigo:
● 6 persoas solicitantes de mobilidade á
Universidade de Vigo, entre 2009 e 2014: 1 está en
excedencia voluntaria, 3 C1 ( 1 só interesada no
Campus de Ourense)e 1 A1.
● 2 solicitudes da Universidade de Vigo
para Santiago, sendo a última petición de 2009: 1
administrativo para o Campus de Lugo, e 1 A2 de
Bibliotecas, que xa desistiu 2 veces.
Seguidamente formulanse unha serie de preguntas:
1. Situación listas de agarda: recentemente
agotada a lista de agarda para Auxiliares de
Biblioteca: Xerencia contesta que está pendente de
que dende a BUSC lles envien unha proposta de
convocatoria para axilizar a Convocatoria de prazas
da OPE 2015.
Pregúntase se hai máis listas afectadas xa que
empeza a ser recurrente, con tanto recorte, o
esgotamento de listaxes sen atisbarse convocatorias
de oposicións.
2. Pregúntase pola praza de Xefatura da OAR
(A1, A2), sen cubrir: dín que neste caso non se
deriva de esgotamento de lista de agarda, senon da
reforma da RPT na que están traballando cara a
finais de ano; é dicir, están á espera de onde poden
recortar para cubrir esta xefatura.
3. Dase conta de diversas queixas recibidas
a respecto das últimas concesións de Comisións de
Servizos: non preguntarlle á persoa interesada se
lle interesa unha Comisión de servizos antes de
nomeala, ou a oferta de postos singularizados nível
18 a interinos postos base das últimas oposicións
sen ofertarlle antes aos máis antigos, etc.
4. Pregúntase pola explicación dunha
excepcionalidade adiando a toma de posesión dunha
compañeira no concurso de traslados, en aplicación
do art. 48.2 do RD 364/1995: aseguran que este
artigo dá amparo legal a unha necesidades perentoria
no servizo no que está o posto de traballo desta
compañeira, manifestados pola facultade
Xunta PAS funcionario, 7 de decembro 2016.
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript