Número 337 - 12 de decembro de 2016
 
 

UNIVERSIDADE

Día 14 de decembro. Reunión do Claustro Universitario

O vindeiro mércores, día 14, realizarase unha reunión do Claustro. Ao peche da edición do PASquín, o sábado día 10, as persoas que formamos parte do “máximo órgano de representación da comunidade universitaria”, non recibiramos, aínda, a información relativa ao punto 3. Aprobación das liñas xerais orzamentarias para o exercicio 2017, feito que, ao noso entender incumpre o Regulamento de réxime interno do Claustro.

UNIVERSIDADE

Reunión co xerente

O pasado día 1 de decembro realizouse unha nova reunión Xerencia – Xunta de Persoal. As comisións de servizo, tema ao que dedicamos un artigo específico, e as amortizacións foron os eixos fundamentais da reunión.

 UNIVERSIDADE

    Debido a causas alleas á nosa vontade non podemos acudir á cita que todas as semanas temos no CUR. Abriremos, novamente o local que se nos asignou no CUR o vindeiro día 12 de 19 a 21 horas.

UNIVERSIDADE DE COMPOSTELA

    O pasado martes, día 29, a Xunta de Persoal da USC realizou unha reunión que, convocada pola Xerencia, tratou sobre a reorganización das Unidades de apoio á xestión de centros e departamentos. Criterios para a concesión de comisións de servizo e convocatoria promoción interna C2.

 XUNTA DE GALIZA. ORZAMENTOS
    O pasado día 1 de decembro a Xunta representou un novo paripé convocando a Mesa Xeral de Empregados Públicos cun único punto na orde do día. Estudo do anteproxecto relativo á masa salarial do capítulo 1 do proxecto de lei de orzamentos da Xunta de Galicia para o ano 2017, para tratar de tan importante asunto, non proporcionou información previa nin na propia reunión transmitiu nada por escrito. Diante desta circunstancia os sindicatos abandonaron a reunión en sinal de protesta.
ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

    O ministro de Facenda e Función Pública, Cristóbal Montoro, anunciou que o seu departamento vai coordinar a implantación dun novo plan de transformación da Administración Pública para 2017-2019, que implicará un aforro de 900 millóns de euros o próximo ano.

DEREITO A TEITO

    As execucións hipotecarias sobre vivendas aumentaron un 45,4 por cento no terceiro trimestre de 2016 en Galicia, ata as 208, fronte ás 143 do mesmo período de 2015, segundo os datos publicados este venres polo Instituto Nacional de Estatística (INE), recollidos por Europa Press.

DEREITOS SOCIAIS

    É a conclusión á que vén de chegar o Xulgado do Contencioso Administrativo número 2 de Lugo nunha senteza que, ditada o pasado día 23, anula as multas impostas en marzo de 2014 cando estas catro persoas tentaban, mediante unha sentada, impedir as controvertidas obras de encanamento do río Sarria, e foron desaloxadas pola Garda Civil da desaparecida ponte do Toleiro.

SOS RACISMO

    Zeshan Muhammad é o único afectado por unha identificación policial por perfil étnico que levou os feitos ao alto tribunal do Estado español nos últimos 20 anos. Agora levará o caso ata o Tribunal Europeo de Dereitos Humanos.

 ECONOMÍA
    Os Técnicos do Ministerio de Facenda (Gestha) avisan de que as novas medidas fiscais anunciadas polo ministro Cristóbal Montoro só supoñerán un “primeiro paso” cara a máis subidas fiscais durante a actual lexislatura. Aínda que apoian o aumento impositivo, entenden que é só unha primeira fase para reducir o déficit público, que inevitablemente “terá a súa continuación o próximo ano”, a non ser que se reforce realmente a loita contra a fraude e a evasión fiscal.
 FEDERACIÓN SINDICAL MUNDIAL
    Con ocasión do Día Internacional das Persoas con Discapacidade, o 3 de decembro, a Federación Sindical Mundial, representando 92 millóns de membros en 126 países en todo o mundo, expresa o seu pleno apoio ás persoas con discapacidade, que se enfrontan a moitos problemas por mor da indiferenza que os estados mostran cara a elas.
• OPINIÓN - Isaac Rosa

    A precariedade fai que para seis millóns de traballadores o Salario Mínimo sexa un inalcanzable Salario Máximo . Cada vez que estes días goberno e oposición discuten sobre a subida do salario mínimo, óese un gran suspiro que cruza o país de norte a sur: case seis millóns de traballadoras e traballadores que soltan á vez un fondo “aaaay”, que significa “quen o pillase o salario mínimo ese .”

    
  •   
 
 UNIVERSIDADE

    O que aconteceu, e segue a suceder, coas comisións de servizo é un feito máis no camiño iniciado pola Xerencia e o equipo de goberno. Sáltanse calquera regulamentación, tanto xeral como propia, que poida limitar o seu marco de toma de decisións. Deste xeito, os acordos e normativa convértense en papel mollado para actuar, cando interese, de xeito discrecional.

 SENTENZAS
    Despois de que Tribunal de Xustiza da Unión Europea cualificase como discriminatoria e, por tanto, non acorde ao dereito comunitario, a menor indemnización por despedimento que a lexislación española prevé para os traballadores temporais fronte aos fixos, sucédense as sentenzas neste sentido no estado español. A sentenza que vos significamos hoxe considérase como pioneira porque non só reitera ese criterio, establece, tamén, que unha traballadora interina, con máis de tres anos nesa situación, é persoal indefinido non fixo.
 SENTENZAS
    O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) ven de ditar sentenza pola que se recoñece o dereito dos funcionarios para cobrar trienios durante unha baixa médica. En concreto, o xuíz estimou o recurso presentado contra unha resolución do Ministerio do Interior por un funcionario do corpo de axudantes de Institucións Penais, con 27 anos de antigüidade no posto, que estivo tres meses de baixa por enfermidade, período durante o que cumpriu o seu noveno trienio na Administración, aínda que non lle foi abonado.
 UVIGO
    O Xulgado Contencioso-Administrativo número 2 de Vigo estimou parcialmente o recurso interposto por 21 alumnos, e condenou á Universidade de Vigo a indemnizar en 7.500 euros a cada un deles por ofertar un título intermedio de 'Técnico en criminoloxía' --por terminar dous dos tres cursos de 'Graduado universitario en ciencias policiais e/ou detective privado'-- que non podía outorgar.
 PARO
    De novo un elevado aumento no sector servizos e de novo un mal dato do paro. O mes de novembro deixou en Galicia un incremento en 4.614 persoas rexistradas nas oficinas dos servizos públicos de emprego con respecto a outubro, o que supón un incremento do 2,3% e sitúa a cifra total en 203.554 desempregados.
 OFICINA DE DEREITOS SOCIAIS COIA
    O 23 de novembro Carlos Taibo estivo en Vigo para participar nunha palestra. En dita actividade aproveitou para presentar o seu último libro: "Colapso: Capitalismo terminal, transición ecolóxica, ecofascismo" dentro das actividades polos 15 anos de Árbore.
 O ROUBO CONTINÚA
    O recibo da luz dos consumidores domésticos encadeou no mes de novembro a súa sétima subida mensual consecutiva ao situarse a factura media dun fogar nuns 73 euros mensuais, un 1,6% máis que en outubro, cando xa se disparou un 9% con respecto a setembro. A factura media está en máximos do que vai de ano e é a máis alta para un mes de novembro nos últimos anos. Desde abril, a subida supera xa o 28%.
 SINDICATO LABREGO GALEGO
    O Sindicato Labrego Galego quere solidarizarse con Emilio Cao, o estudante que, sendo menor de idade (17 anos), foi detido nas cargas policiais que se produciron na manifestación das Marchas da Dignidade en Madrid o 22 de marzo de 2014.
 LINGUA
    “Incrementar o uso do galego nos contidos audiovisuais dunha das redes máis empregadas no mundo e incitar e facilitar que todas as persoas compartan as súas habilidades e criterios con vídeos autoproducidos”.
    CARTAS QUE RECIBIMOS

     

    

Actuacións da Xunta de Persoal

  •   
    

Vindeiras actuacións do Comité

     

  •   
    

Achéganos a túa opinión

Escríbenos ao enderezo electrónico:
cutudc@cutudc.com

  •   
    
  •   

 

     
      PARA LAMENTAR

       
        COMISIÓN DE PETICIÓNS

         
          Números anteriores
           
          De interese
          O sindicalismo de clase depende de tí
          CALENDARIO LABORAL 2010
          CALENDARIO LABORAL 2011
          CALENDARIO LABORAL 2012
          CALENDARIO LABORAL 2013
          CALENDARIO LABORAL 2014
          CALENDARIO LABORAL 2015
          CALENDARIO LABORAL 2016
          CALENDARIO LABORAL 2017
          A LOITA DE AMINETU HAIDAR REPRESENTA A TODO UN POBO. SOLIDARIEDADE CO POBO SAHARAUÍ
           
          Sácalles a lingua  
           
          CONTRA O PACTO SOCIAL
          O XORNAL - información obreira
          O IMPERIALISMO NON PASARA!!
          NON AS NUCLEARES
          7 DE SETEMBRO, Festival da Cultura Proletaria

          cutudc.com, 2009. DHTML Menu By Milonic JavaScript