Decembro de 2016
 
 

NÚMERO 337 - 05/12/2016

   CUTUDC / Novidades

  UNIVERSIDADE
 

Comisións de servizo

O que aconteceu, e segue a suceder, coas comisións de servizo é un feito máis no camiño iniciado pola Xerencia e o equipo de goberno. Sáltanse calquera regulamentación, tanto xeral como propia, que poida limitar o seu marco de toma de decisións. Deste xeito, os acordos e normativa convértense en papel mollado para actuar, cando interese, de xeito discrecional.

 

  • Noticias relacionadas

 

Para referenciar o que hoxe ocorre témonos que retrotraer á prórroga das comisións de servizo do persoal funcionarizado no ano 2014. A Xunta de Persoal, decidiu, por unanimidade, que non procedía a súa prórroga  (Acta da reunión realizada o día 8/9/2015), remitir escritos instando á Xerencia a adopción de medidas encamiñadas a minimizar os efectos para @s traballador@s (escrito do día 25 de setembro) (escrito do día 27 de outubro), e reiterou esta circunstancia nas reunións Xerencia – Xunta de Persoal.
 
A falta de medidas e o silencio institucional nun tema transcendente para a Xunta de Persoal, e para @s traballador@s afectad@s, fai que o presidente do órgano de representación se dirixa, persoalmente, ao xerente o día 15 de decembro para instarlle que se puxesen en marcha as medidas necesarias para resolver a situación que se produciría o día 8 de xaneiro. Nesa reunión o xerente insiste na excepcionalidade do proceso e anuncia a convocatoria dunha reunión coa Xunta de Persoal que se realiza o 22 de decembro.
 
Na reunión realizada o día 22 de decembro o xerente comunica a decisión unilateral de prórroga das comisións de servizo do persoal funicionarizado que se plasma na Resolución de Xerencia sobre comisións de servizos, derivadas do proceso de funcionarización, que rematan en xaneiro de 2016
 
A flagrante transgresión da legalidade fai que APA insiste na Xunta de Persoal a adopción das medidas necesarias para restituír a legalidade. O resto de sindicatos non consideran necesario tomar medidas máis aló de enviar un comunicado aos medios de comunicación e @s traballador@s.
 
APA valorando que a decisión adoptada pola Xerencia, aparte de ser o inicio dun procedemento ilegal que non sabiamos onde podía rematar, significaba un agravio para @s traballador@s que estaban agardando pola finalización desas comisións para poder optar a esas prazas e, en xeral, para o resto de funcionari@s que vían como ao remate do prazo legal as súas comisións finalizaban (como debía ser en todas as circunstancias), decidiu interpoñer demanda no Xulgado Contencioso Administrativo.
 
Como sinalabamos, aberta a espita da discrecionalidade, a Xerencia, para a cobertura da praza 745 .- Xefatura de negociado de análise de custos (contabilidade analítica), inventouse unha interpretación do “centro” contravindo o sinalado na normativa que establece a prelación 1 – Negociado. 2 – Sección, centro ou UXAI. 3 – Servizo. O centro aquí contemplado refírese ao centro físico e non está suxeito a especulacións.
 
Posteriormente coa mesma irregularidade adxudícanse, as comisións de servizo, das prazas 085 .- Xefatura de negociado de retribucións PAS e a 086 Xefatura de negociado retribucións Cap. VI e seguridade social. Compre sinalar que nestas prazas o informe da Xunta de Persoal, por maioría, incluída a APA foi desfavorable. A pesar do informe a Xerencia non se dignou en discutir o procedemento, impoñendo pola vía dos feitos consumados, unha vez máis, as súas decisións.
 
Igual que sucedeu coa ilegalidade cometida coa prórroga das comisións de servizo do persoal funcionarizado, APA está disposta a adoptar as medidas conducentes á restitución da legalidade e o respecto do acordado entre a institución e a representación d@s traballador@s.

 

 

 

 

 

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript