Decembro de 2016
 
 

NÚMERO 337 - 12/12/2016

   CUTUDC / Novidades

  UNIVERSIDADE
 

Día 14 de decembro. Reunión do Claustro Universitario

O vindeiro mércores, día 14, realizarase unha reunión do Claustro. Ao peche da edición do PASquín, o sábado día 10, as persoas que formamos parte do “máximo órgano de representación da comunidade universitaria”, non recibiramos, aínda, a información relativa ao punto 3. Aprobación das liñas xerais orzamentarias para o exercicio 2017, feito que, ao noso entender incumpre o Regulamento de réxime interno do Claustro.

 

  • Noticias relacionadas

 

Segundo o establecido no Regulamento de réxime interno do claustro da Universidade da Coruña:
 
Artigo 4. Da condición de claustral e dos dereitos e deberes dos claustrais
 

1.     A condición de claustral é persoal e indelegable.

2.     Todos os membros do Claustro teñen o dereito e o deber de asistencia ás sesións do Claustro.

  1. Igualmente correspóndelles a todos os membros do Claustro:
    1. Recibiren a convocatoria das sesións do Claustro polo menos con sete días naturais de antelación, agás no caso de convocatoria de Claustro extraordinario e urxente, en que tal prazo non poderá ser inferior a setenta e dúas horas. A información sobre os temas que figuren na orde do día da convocatoria estará a disposición dos membros en igual prazo. A entrega efectuarase no lugar onde cadaquén desenvolva o seu traballo e, no caso do estudantado, no local que se lles teña asignado nos diferentes centros ou nos seus respectivos domicilios particulares.
    2. Participaren nos debates das sesións do Claustro.
    3. Exerceren o seu dereito ao voto e formularen o seu voto particular, así como expresaren o sentido do seu voto e os motivos que o xustifican.
    4. Formularen preguntas ou intervir para outras cuestións.
    5. Obteren a información precisa para cumprir as súas funcións.
    6. Cantos outros dereitos sexan inherentes á súa condición de claustral.
 
Tendo en conta que na orde do día convócasenos a unha sesión ordinaria do Claustro Universitario, a información sobre os puntos a tratar o día 14 debería estar no noso poder, a máis tardar, o día 7 de decembro.
 
No correo electrónico recibido o día 7 sinalábase: “Achegamos a documentación relativa á convocatoria do próximo Claustro Universitario que terá lugar o vindeiro 14 de decembro (mércores) indicando que a documentación relativa ao punto 03 Liñas xerais orzamentarias do exercicio 2017 será facilitada o máis axiña posible.” Un eufemismo que realmente significa que a documentación relativa ao punto 03 facilitarase cando lles dea a gana.
 
O retraso, interesado en proporcionar a información (eles son quen convocan a reunión, polo tanto @s que teñen que verificar que se compren os prazos) impide, de maneira decisiva, a quen representa a un colectivo, realizar un estudo pormenorizado do que contén a orde do día e a recepción de achegas e opinións do propio colectivo ao que está a representar no órgano.
 
Orde do día
Informe de xestión do Valedor Universitario
3. Aprobación das liñas xerais orzamentarias para o exercicio 2017 (Información recibida o luns, día 12 ás 12:38 h.)

 

 

 

 

 

 

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript