NÚMERO 336 - 28/11/2016
CUTUDC / Novidades
Máis de 220 universidades permanecen ocupadas en Brasil, en protesta contra a reforma do ensino medio e a Proposta de Emenda Constitucional (PEC 55) do presidente Michel Temer, que conxelará por 20 anos o investimento público.
O levantamento
convocouse pola Unión Brasileira de Estudantes
Secundarios (UBES), que organiza unha caravana con
mozas de todo o país para ‘ocupar’ Brasília o
próximo día 29, cando o plenario do Senado Federal
votará en primeira instancia a chamada ‘PEC do fin
do mundo’.
O movemento de ocupación das institucións de ensino
comezou en outubro último e para finais dese mes
contabilizábanse máis de mil 100 escolas de nivel
medio ocupadas en 19 estados e o Distrito Federal de
Brasília, así como 82 universidades e catro núcleos
rexionais de educación.
A promulgación de Temer dunha Medida Provisional (MP
746) para reformar o ensino medio foi o detonante
das protestas, que despois asumiron tamén como
bandeira a loita contra a PEC que limitará por dúas
décadas os gastos en sectores crave como a saúde e a
educación, como parte dun severo axuste fiscal.
Segundo os estudantes, a MP que ‘deforma’ a
educación no nivel medio, adoptará, entre outras
cousas, a chamada quenda integral e reducirá o
número de disciplinas obrigatorias, que actualmente
son 13 e eliminará o ensino de Artes, Educación
Física, Socioloxía e Filosofía.
PL
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript