NÚMERO 336 - 28/11/2016
CUTUDC / Novidades
A Xustiza deu a razón a traballadora de Mérida na demanda que presentou fronte ao Servizo Estremeño de Saúde (SES) para que a Administración recoñeza completamente como tempo de traballo efectivo o tempo que se está en excedencia ou en redución de xornada por coidado de fillos. A demanda gañouse tanto en primeira instancia como no posterior recurso que o SES presentou ante o Tribunal Superior de Xustiza de Estremadura.
Esta sentenza supón un gran avance pois a partir da mesma computaranse ao 100% como tempo traballado as excedencias por coidados de fillos e familiares , así como as reducións de xornada por eses motivos , en todos os procesos de selección e provisión, oposicións , bolsas de traballo, traslados intrahospitalarios , promocións internas e promocións internas temporais.
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript