Novembro de 2016
 
 

NÚMERO 336 - 28/11/2016

   CUTUDC / Novidades

  POBREZA ENERXÉTICA
 

FACUA arremete contra o ministro de Enerxía e acúsao de tentar “marear” para eludir a súa responsabilidade na pobreza enerxética

O tema é candente neste momento tras a morte dunha anciá en Reus provocada polo incendio da súa casa polo uso dunha vela a consecuencia do corte de subministracións por falta de pagamento por parte de Gas Natural Fenosa.

 

  • Noticias relacionadas

 

A resposta do ministro de Enerxía dirixiuse a culpar da pobreza enerxética aos baixos ingresos no noso país e a asegurar que se soluciona coa estratexia do Goberno de Mariano Rajoy, enfocada ao crecemento económico e a creación de emprego. Tamén responsabilizou do custo da enerxía á baixa calidade das vivendas en España, que adoecen dunha falta de illamento, e botou balóns fore alegando que son as comunidades autónomas as que deberían asumir a competencia en materia de pobreza enerxética e facer os seus convenios coas compañías eléctricas.
Para o portavoz de FACUA, Rubén Sánchez, a intervención do ministro deixou claro que “non quere asumir as súas responsabilidades e competencias” en materia de pobreza enerxética e que “tentou marear” ao dicir que as competencias corresponden ás comunidades autónomas.
 
O responsable de Facua indicou en declaracións a Europa Press que a intervención do ministro foi “máis do mesmo”, xa que “non quixo” anunciar medidas para poñer fin aos “abusos” das tarifas eléctricas nin aos cortes de subministración de luz ás familias con problemas económicos.
 
“O ministro tentou marear con que as competencias téñenas as comunidades autónomas en determinadas cuestións, cando sabe que é o Goberno o que ten as competencias para intervir o sector”, indicou Sánchez, para quen Nadal “fíxolle o xogo ás eléctricas”.
 
Sánchez reclamou ao Executivo liderado por Mariano Rajoy que dea “un xiro de 180 graos” na súa política enerxética, xa que “debe asumir o drama que existe en España en relación coa pobreza enerxética”.
 
Ademais, criticou que as familias españolas “sofren” unhas tarifas eléctricas “desproporcionadas, froito da especulación e a ausencia absoluta de competencia”, e atópanse “en mans dun oligopolio”.
 
Kaosenlared

Catro millóns de persoas non poden pagar a luz e o gas. Así viven miles de familias no estado español

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript