Novembro de 2016
 
 

NÚMERO 336 - 28/11/2016

   CUTUDC / Novidades

  PENSIÓNS
 

Aseguradoras manobran para impoñer pensións privadas a todos os traballadores

Baixo a falsa premisa da imposibilidade de soster un sistema público de pensións en España, as grandes compañías aseguradoras manobran co obxectivo de forzar a todos os traballadores e traballadoras a que se fagan un plan privado de pensións.

 

  • Noticias relacionadas

 

O diario económico Cinco Días e a entidade financeira Ibercaja realizaron o pasado 15 de novembro a II Xornada de Plans de Pensións en España. A presidenta da patronal do seguro Unespa, Pilar González de Frutos, e o presidente de Inverco, Angel Martínez Aldama, reclamaron neste foro iniciar a privatización do sistema público de pensións, apostando por un sistema privado case obrigatorio similar ao que xa funciona en Reino Unido ou Irlanda. Desta forma, a maioría de traballador@s veríanse obrigad@s a ter que facerse un plan privado. Un negocio redondo para a banca e as aseguradoras, que son quen controla o 95% da distribución de fondos de pensións en España.
 
Ángel Martínez Aldama, presidente de Inverco, asegura que “en España poñemos os ovos na mesma cesta”, e avoga por diversificar “as fontes de ingresos” para os futuros xubilados, nunha clara aposta por un modelo privado de pensións.
 
Neste punto, puxo como exemplo tres tipos de modelos: o obrigatorio que defenden en Suecia, Suíza, Holanda e Dinamarca; o case obrigatorio de Reino Unido e Irlanda, e o voluntario, que se aplica en países como Alemaña e Francia.
 
Como conclusión, Martínez Aldama destacou a necesidade de reclamar ao Goberno que comunicar aos traballadores a estimación do importe futuro de pensión e a importancia de virar cara a un sistema de pensións case obrigatorio, ademais de establecer un sistema de achegas de empresas e traballadores con carácter obrigatorio ou mediante autoadhesión.
 
Antes da intervención dos presidentes de Unespa e Inverco, a directora xeral de seguros e fondos de pensións (DGSFP), Flavia Rodríguez-Ponga, fixo un balance dos cinco últimos anos do sector e explicou os retos futuros, entre os que sinalou a transposición da directiva referente aos plans de pensións de emprego, que levará a cabo antes de final de ano.
 
Ademais, a DGSFP tamén participou no proxecto para enviar unha carta coa estimación da pensión pública e privada a cobrar por parte dos maiores de 50 anos. O proxecto concluíuse, aínda que nunca se chegou a executar.
 
“Creo que puxemos as bases para que a previsión social complementaria creza con forza”, asegurou.
 
LibreRed | Cinco Días

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript