NÚMERO 336 - 28/11/2016
CUTUDC / Novidades
Ignacio Vilar volve a sorprendernos co seu cine en galego, despois do éxito de A Esmorga, estreando este 25 de novembro a súa nova película Sicixia. Sicixia é unha longametraxe de ficción rodada na Costa da Morte, considerada na Antigüedade o punto máis occidental de Europa, Finisterrae, para os romanos. O film retrata o inigualable patrimonio da Costa da Morte, mesturando ficción e realidade. Cada fotograma bebe en cada secuencia e matiz das xentes e da singularidade desta terra.
Sinopse: Xiao é
enxeñeiro de son. Un novo encargo lévao á Costa da
Morte para gravar os sons máis característicos da
súa xente e a natureza. Alí coñece a Olalla, unha
guía local que recolle algas no océano Atlántico. A
partir de aí, as súas vidas escaparán ao seu control
coma mareas rexidas por unha lei superior.
“Sicixia foi concibida para poñer ao servizo da
narración todas as posibilidades que ofrece o cinema
dixital, xunto co idioma, a dirección de actores, a
fotografía, o son e o ritmo… Un cinema máis natural,
espontáneo, arriscado e vanguardista” explica
Ignacio Vilar.
A película estrearase en todas as
cidades e vilas de Galiza nas que hai salas
comerciais. Incluso en salas de multinacionais como
Cinesa ou Yelmo! Nas Cancelas,
Marineda City ou Os Rosales
A MESA POLA NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript