Número 336 - 28 de novembro de 2016
 
 

UNIVERSIDADE

O comportamento mafioso do reitor

O paso de Juan M. Díaz Villoslada pola Xerencia da universidade deixa secuelas. Non soamente nos mentiu no número de prazas convocadas a promoción (xa vos sinalamos esta circunstancia en varios boletíns), tamén, unha vez máis, en conivencia co reitor ocultaron, á Xunta de Persoal e ao colectivo, que a solicitude de informe que realizaron á Consellería de Facenda para a aprobación da Oferta de Emprego Público de 2016 e a oferta de 224 prazas a promoción interna, contemplaba a amortización de varias prazas.

 UNIVERSIDADE

    Como facemos desde o luns, día 8 de xuño de 2015 a Alternativa de PAS Asemblearia manterá aberto o local que se lle asignou no Centro Universitario de Riazor (CUR), este luns desde as 19 até as 21 horas. Abrimos o local coa finalidade de recibir ás traballadoras e traballadores que desexen comunicarse con nós.

UNIVERSIDADE DE VIGO

    O 17.11.2016 a Xunta de Persoal solicitou ao Sr. reitor da UVigo a suspensión de execución da RPT, baseándose no artigo 117 da lei 39/2015, do 01 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

 SENTENZAS
    A Xustiza deu a razón a traballadora de Mérida na demanda que presentou fronte ao Servizo Estremeño de Saúde (SES) para que a Administración recoñeza completamente como tempo de traballo efectivo o tempo que se está en excedencia ou en redución de xornada por coidado de fillos. A demanda gañouse tanto en primeira instancia como no posterior recurso que o SES presentou ante o Tribunal Superior de Xustiza de Estremadura.
NIN LOMCE NIN REVÁLIDAS

    Centos de alumnos percorreron as principais cidades galegas na segunda xornada de folga educativa convocada este curso para esixir a supresión das 'reválidas' e a derrogación da Lei Orgánica de Mellora Educativa (LOMCE).

PENSIÓNS

    Baixo a falsa premisa da imposibilidade de soster un sistema público de pensións en España, as grandes compañías aseguradoras manobran co obxectivo de forzar a todos os traballadores e traballadoras a que se fagan un plan privado de pensións.

TRATADOS DE INVESTIMENTOS

    Unha maioría composta por deputados do Partido Popular Europeo, socialdemócratas e liberais rexeitaron unha resolución para enviar o tratado con Canadá ao Tribunal Superior de Xustiza Europeo para a súa análise.

OTAN NON!

    Activistas contra a guerra chocan con axentes policiais cando tropas da OTAN realizaban exercicios militares en Italia.

 INFORME OCDE
    A Organización para a Cooperación e o Desenvolvemento Económico (OCDE) lanzou un informe no que confirma este ensanche entre as rendas e o aumento dá desigualdade. A crise agravou estes problemas, pero a leve recuperación económica non devolveu aos países da OCDE aos niveis posteriores.
 INTERNACIONAL
    Máis de 220 universidades permanecen ocupadas en Brasil, en protesta contra a reforma do ensino medio e a Proposta de Emenda Constitucional (PEC 55) do presidente Michel Temer, que conxelará por 20 anos o investimento público.
• OPINIÓN - Isaac Rosa

    Cóntenlles ás súas fillas e fillos quen é Marcos Ana. Porque pola contra, salvo que tivesen a sorte de coñecelo nalgunha das súas visitas a colexios e institutos, é probable que non saiban quen é. A pesar dalgunhas homenaxes e recoñecementos recentes, este xoves eran moitos os que buscaban en Google quen é ese tal Marcos Ana. E esa ignorancia dá a medida dos buracos que segue tendo a memoria colectiva deste país, sobre todo cos antifascistas, e máis cos comunistas.

    
  •   
 
 UNIVERSIDADE

    O pasado día 23 de novembro realizouse unha nova reunión do Consello de Goberno que vos relatamos nas partes que consideramos máis importantes tanto no ámbito institucional como no que afecta ao noso colectivo.

 UNIVERSIDADE
    O pasado día 24 realizouse unha nova reunión da Comisión de Asuntos Económicos, delegada do Consello de Goberno. Na sesión tratouse, como tema central, e dentro do informe do vicerreitor, o pouco que, a día 24 de novembro, se coñece do orzamento para o ano 2017.
 SENTENZAS
 CUT
    Por Patria, por Minerva, por María Teresa e por todas as miñas compañeiras. As mulleres deste sindicato comprometémonos a que non nos collan antes de ternos salvado todas.
 ADEGA
    Cada vez van ficando máis claras as razóns polas que a Xunta de Feijóo censurou toda información sobre SOGAMA nada máis chegar ao poder en 2009.
 CRISE ESTAFA
    A precariedade laboral fai que o número de moz@s que logra emanciparse en España caia a niveis de hai 12 anos. Apenas o 19,7% dos menores de 30 anos logra superar o domicilio familiar. É unha das principais conclusións do Observatorio de emancipación do Consello da Mocidade.
 DEREITO Á VIVENDA
    Por terceira vez consecutiva, a PAH de Vallecas frea o desaloxo desta familia ecuatoriana con poucos recursos que vive nun piso de Bankia.
 POBREZA ENERXÉTICA
    O tema é candente neste momento tras a morte dunha anciá en Reus provocada polo incendio da súa casa polo uso dunha vela a consecuencia do corte de subministracións por falta de pagamento por parte de Gas Natural Fenosa.
 LINGUA - A MESA POLA NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA
    Ignacio Vilar volve a sorprendernos co seu cine en galego, despois do éxito de A Esmorga, estreando este 25 de novembro a súa nova película Sicixia. Sicixia é unha longametraxe de ficción rodada na Costa da Morte, considerada na Antigüedade o punto máis occidental de Europa, Finisterrae, para os romanos. O film retrata o inigualable patrimonio da Costa da Morte, mesturando ficción e realidade. Cada fotograma bebe en cada secuencia e matiz das xentes e da singularidade desta terra.
    CARTAS QUE RECIBIMOS

     

    

Actuacións da Xunta de Persoal

  •   
    

Vindeiras actuacións do Comité

     

  •   
    

Achéganos a túa opinión

Escríbenos ao enderezo electrónico:
cutudc@cutudc.com

  •   
    
  •   

 

     

       
        HAI QUE MARCHAR

         
          PATRIOTAS

           
            Números anteriores
             
            De interese
            O sindicalismo de clase depende de tí
            CALENDARIO LABORAL 2010
            CALENDARIO LABORAL 2011
            CALENDARIO LABORAL 2012
            CALENDARIO LABORAL 2013
            CALENDARIO LABORAL 2014
            CALENDARIO LABORAL 2015
            CALENDARIO LABORAL 2016
            CALENDARIO LABORAL 2017
            A LOITA DE AMINETU HAIDAR REPRESENTA A TODO UN POBO. SOLIDARIEDADE CO POBO SAHARAUÍ
             
            Sácalles a lingua  
             
            CONTRA O PACTO SOCIAL
            O XORNAL - información obreira
            O IMPERIALISMO NON PASARA!!
            NON AS NUCLEARES
            7 DE SETEMBRO, Festival da Cultura Proletaria

            cutudc.com, 2009. DHTML Menu By Milonic JavaScript