NÚMERO 336 - 28/11/2016
CUTUDC / Novidades
Por Patria, por Minerva, por María Teresa e por todas as miñas compañeiras. As mulleres deste sindicato comprometémonos a que non nos collan antes de ternos salvado todas.
Esta semana as mulleres
da CUT vímonos as feridas, esas que deixaron en nós
as violencias machistas ao longo de tantos anos
(resulta que as cicatrices das nosas avoas tamén nos
doen). Conseguimos facer dunha xornada de formación
un compromiso que crece e crece.
Este 25 de novembro comprometémonos a impedir que
nos xulguen no noso traballo polo aspecto físico e a
vestimenta que levamos. A que o noso dereito a
conciliar sexa unha prioridade no sindicato. Imos
denunciar nas rúas e nos xulgados, con unllas e
dentes, cando nos discriminan por ser mulleres
traballadoras que deciden non ficar caladas, por non
ser heteronormativas, por estar embarazadas ou
querer non esta-lo nunca.
Imos querernos, coidarnos, atoparnos, compartir as
vivencias e as forzas. As mulleres deste sindicato
comprometémonos a pelexar por nós mesmas e por todas
as nosas compañeiras para que as irmás Mirabal
poidan sentir orgullo desta nosa loita. As
traballadoras, as de abaixo, as que queren
transformalo mundo, estamos xuntas e en pé
preparadas para derrubar o patriarcado e todos os
sistemas de opresión que naceron após el.
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript