NÚMERO 336 - 28/11/2016
CUTUDC / Novidades
O pasado día 23 de novembro realizouse unha nova reunión do Consello de Goberno que vos relatamos nas partes que consideramos máis importantes tanto no ámbito institucional como no que afecta ao noso colectivo., contemplaba a amortización de varias prazas.
Informe do
secretario xeral:
Antes de fin de ano
quérese regular as estruturas societarias (FUAC...)
adaptándoas ás normativas vixentes pois non poden
ter participación privada sendo, obrigatoriamente
100% públicas. Isto non quere dicir que se vaian a
realizar integracións pois quérese seguir
aproveitando, no caso da FUAC, a posibilidade que
outorga de poder realizar contratacións á marxe da
contratación pública, non ter que facer
licitacións...
Informe do xerente
“Nada que sinalar”
Punto 3 .- Contratos e convenios
A representación da APA sinalamos o desacordo
cos
convenios asinados coa FUAC polos que se lle
transfire a xestión económica dos títulos propios.
Parécenos que a externalización da xestión é
incongruente e incluso nos parece que posiblemente
ilegal. Se a universidade non xestiona os seus
propios títulos dun xeito integral, tanto na parte
académica como económica entendemos que incumpre as
súas finalidades.
O reitor sinala que a normativa que regula os
títulos propios de 2006 permite esta circunstancia,
que a xestión académica faise desde a institución e
que a económica farase desde a FUAC.
Respondemos que isto evidencia aínda máis a
incongruencia dos convenios específicos asinados.
Pedimos votación na que só votamos en contra a
representación do PAS.
Quenda aberta de intervencións
Representación de APA
Reclamamos, de novo, que as traballadoras e
traballadores que desempeñan cargos académicos teñan
as mesmas exencións horarias que o PDI que ten esas
encomendas, en concreto sabemos que a compañeira de
Ferrol para a que reclamaramos esa circunstancia
aínda non ten regulada a súa situación.
Por outra parte hoxe aprobamos a
Normativa de atención á diversidade da UDC, nela
sinálase:
“Artigo 5. Funcións
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript