Novembro de 2016
 
 

NÚMERO 336 - 28/11/2016

   CUTUDC / Novidades

  UNIVERSIDADE
 

Información da Comisión de Asuntos Económicos

O pasado día 24 realizouse unha nova reunión da Comisión de Asuntos Económicos, delegada do Consello de Goberno. Na sesión tratouse, como tema central, e dentro do informe do vicerreitor, o pouco que, a día 24 de novembro, se coñece do orzamento para o ano 2017.

 

  • Noticias relacionadas

 

O vicerreitor sinalou que a parte estrutural do orzamento, a que debería asegurar o normal funcionamento da universidade, reducirase, debido á diminución das matrículas nun 6%, pasando de 241,4 millóns de euros en 2016 a 234,7 millóns de euros en 2017. En concreto a UDC, nesta partida recibiu 64,7 millóns no ano 2016 e recibirá 63,2 millóns no ano 2017.
 
A redución orzamentaria que se produce na parte estrutural pasará a repartirse na parte competitiva por resultados. Neste concepto a UDC recibiu 11,60 millóns no ano2016 e recibirá 13,73 no 2017.
 
A partida destinada a Reparación, Ampliación e Mellora (RAM) de edificios redúcese en 80.000€.
 
En Orzamentos non calcularon aínda o que supón a recuperación das pagas extra completas nin se sabe o incremento salarial contemplado

 

 

 

 

 

 

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript