NÚMERO 336 - 28/11/2016
CUTUDC / Novidades
A precariedade laboral fai que o número de moz@s que logra emanciparse en España caia a niveis de hai 12 anos. Apenas o 19,7% dos menores de 30 anos logra superar o domicilio familiar. É unha das principais conclusións do Observatorio de emancipación do Consello da Mocidade.
O organismo pon
o foco sobre o feito de que ter traballo non garante
evitar caer na pobreza. Un de cada catro mozos con
emprego vive en risco de exclusión social. Este
indicador disparouse desde o 13,7% que marcaba en
2009.
O Consello da Mocidade apunta á temporalidade
do emprego como causa principal da difícil
emancipación dos mozos españois. O 92,5% dos
contratos dos mozos son temporais, segundo os seus
datos. Ademais, o 56% están sobrecualificados e a
maioría dos que teñen emprego traballan máis de 40
horas semanais.
Cae a emancipación entre os 30 e 34 anos
Os mozos de 30 a 34 anos tamén atopan dificultades
para independizarse. No último trimestre a taxa de
emancipación neste segmento de idade reduciuse un
7%. O organismo tamén constata que os mozos adultos
que permanecen no fogar familiar teñen máis
probabilidade de caer na pobreza (34,8%) que os
emancipados (27,2%).
Economía Digital
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript