Novembro de 2016
 
 

NÚMERO 336 - 28/11/2016

   CUTUDC / Novidades

  UNIVERSIDADE
 

O comportamento mafioso do reitor

O paso de Juan M. Díaz Villoslada pola Xerencia da universidade deixa secuelas. Non soamente nos mentiu no número de prazas convocadas a promoción (xa vos sinalamos esta circunstancia en varios boletíns), tamén, unha vez máis, en conivencia co reitor ocultaron, á Xunta de Persoal e ao colectivo, que a solicitude de informe que realizaron á Consellería de Facenda para a aprobación da Oferta de Emprego Público de 2016 e a oferta de 224 prazas a promoción interna, contemplaba a amortización de varias prazas.

 

  • Noticias relacionadas

A mafia instalouse no actual equipo de goberno. Non podemos definir a actuación do reitor e compañía con outro apelativo. A política de persoal aséntase na ocultación, a mentira permanente, a transgresión da regulamentación e acordos.
 
As relacións entre a institución e os seus traballadores e traballadoras teñen que estar fundamentadas no principio da boa fe á hora de negociar e da confianza en que os acordos se leven a termo. Esta relación, na actualidade está completamente rota debido ás graves transgresións xa denunciadas como  a vulneración da normativa de comisións de servizo, denunciado por compañeir@s e a APA no xulgado, a mentira á hora realizar o cálculo das prazas suxeitas a promoción... A todos os agravios recibidos únese agora a ocultación dun feito tan importante como a amortización das prazas:

Código

Categoría – Corpo - Escala

Grupo

Nivel

277

Técnico superior en Informática

A1

24

279

Técnico superior en Informática

A1

24

409

Secretario técnico Campus de Ferrol

A1

24

338

Arquitecto técnico

A2

21

030

Posto base

C2

16

138

Auxiliar de servizos

E

14

 

Ao noso xeito de ver a amortización anunciada á Consellería de Facenda é absolutamente ilegal, non foi negociada coa Xunta de Persoal (ocultóuselle ao órgano de representación), amortiza postos de traballo ocupados por funcionari@s de carreira, carece de motivación e, en todo caso é unha mostra máis de mala fe porque, no suposto caso que se intente “legalizar” (que non lexitimar) cunha negociación coa Xunta de Persoal, que negociación real haberá cando xa se lle anunciou á Consellería?.
 
Dixémosvos en varias ocasións que non nos fiabamos do equipo de goberno, nas asembleas comunicámosvolo directamente. Sinalámosvos que, a pesar do acordado no referente ao concurso de méritos, intuíamos que non sairían todas as prazas. Agora confírmase o que para nós era unha sospeita. O xogo sucio do reitor e equipo sitúanos, outra vez, diante dun feito consumado que non podemos deixar sen resposta.
 
Unha vez máis a Xunta de Persoal verase na tesitura de poñer en marcha os medios que for preciso adoptar para restituír a legalidade conculcada coas actuacións do equipo de goberno.
 
Informe da Consellería de Facenda

 

 

 

 

 

 

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript