Novembro de 2016
 
 

NÚMERO 336 - 28/11/2016

   CUTUDC / Novidades

  UNIVERSIDADE DE VIGO
 

UVigo. Solicitude da suspensión da execución da RPT

O 17.11.2016 a Xunta de Persoal solicitou ao Sr. reitor da UVigo a suspensión de execución da RPT, baseándose no artigo 117 da lei 39/2015, do 01 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

 

  • Noticias relacionadas

 

Xunta de Persoal da Universidade de Vigo

 
Documento

 
Proposta de execución da RPT de Xerencia
 
RPT PAS-Funcionario
 
Oferta de emprego público 2016 presentada por Xerencia
 
O 18.11.2016 a Xerencia presentou á Xunta de Persoal a seguinte proposta de oferta de emprego público e promoción interna para o 2016.
 
Documento

 
 
Comité de Empresa, Oferta de emprego público da Universidade de Vigo

Reunión realizada o pasado día 4 de novembro do Comité de Empresa.
 
A Xerencia da Universidade de Vigo, convocou aos Órganos de representación para elaborar unha OPE, así mesmo fíxonos una proposta de OPE na que inclúe unha serie de prazas, e das que fai unha serie de consideracións que restrinxe tanto o número de prazas para convocar como a oferta da promoción interna que na práctica queda circunscrita a un único grupo
 
Na Universidade de Vigo non temos unha Oferta público de Emprego dende o ano 2009, dende aquel momento se produciron ata dúas modificacións de RPT nas que se engadiron prazas que están dotadas no orzamento da Universidade de Vigo e que a 31 de decembro de 2015 están sen cobertura definitiva.
 
O comité de empresa de Pontevedra, non atopa ningún impedimento para que todas as prazas vacantes cubertas por interinidade se oferten na OPE que estamos a negociar.
 
E por iso que propomos que se convoque a cobertura definitiva das seguintes prazas:
 
Todas aquelas que están sen cobertura definitiva dende a aprobación da RPT anterior á Oferta pública de emprego do ano 2009
 
Aquelas que derivan da Aprobación en Consello de goberno do 10 de Marzo de 2014

Das 5 prazas que proveñen de sentenzas xudiciais,
 
2 de TSTIC para a quenda de acceso por promoción interna
2 de TSOPE para a quenda de acceso por promoción interna
1 de TSTd para a quenda de acceso por promoción interna
 
Consideramos que temos seguridade xurídica suficiente para que se oferten as prazas por promoción interna, respectando o articulado do Convenio e as sentenzas ás que fai referencia a Universidade para circunscribir estas prazas a quenda de acceso libre
 
Unha vez entregada esta proposta agardamos unha resposta da Xerencia para negociar esta Oferta pública de Emprego

 

 

 

 

 

 

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript