Novembro de 2016
 
 

NÚMERO 336 - 28/11/2016

   CUTUDC / Novidades

  DEREITO Á VIVENDA
 

A PAH apraza o desafiuzamento de Amilcar e a súa familia

Por terceira vez consecutiva, a PAH de Vallecas frea o desaloxo desta familia ecuatoriana con poucos recursos que vive nun piso de Bankia.

 

  • Noticias relacionadas

 

A presión da Plataforma de Afectados pola Hipoteca conseguiu pospoñer por terceira vez consecutiva o desafiuzamento de Amilcar e a súa familia, no barrio de Vallecas (Madrid). A súa muller está embarazada e son pais de tres nenos. A data para o próximo lanzamento, para o que a Policía xa avisou de que “virá con reforzos”, é o 13 de Xaneiro. O piso pertence a Bankia, a entidade que máis vivendas posúe en Madrid, segundo fontes da plataforma.
 
A cita estaba convocada para as 8 da mañá, dúas horas antes de que se aproximaron os primeiros efectivos policiais. Nunha rúa de Vallecas, medio centenar de persoas asumiron o madrugón cos dedos conxelados. Alguén repartiu porras para o heteroxéneo grupo de asistentes dispostos a deter o desafiuzamento, entre eles nenos en carriños tapados con plásticos para protexerse da choiva intermitente.
 
Amilcar, ecuatoriano afincado en Madrid, chegou en 2012 a un acordo informal de aluguer do piso no que reside. A arrendataria tiña, á súa vez, contraída unha hipoteca con Bankia que en 2013 deixou de pagar. Desde entón Amilcar, permaneceu no piso, non sen buscar solucións, como a solicitude dunha vivenda protexida á Empresa Municipal da Vivenda (EMV). Os seus esforzos, ata o momento, foron vans.
 
A PAH advirte da necesidade de presionar aos bancos, en primeiro lugar, polo tempo que poden gañar os afectados para acollerse a unha alternativa. E en segundo lugar porque, ao seu xuízo, a empresa municipal ten poucas vivendas e está lonxe de ser a solución. “Non podemos depender da lotería da EMV: os pisos téñenos os bancos e [Manuela] Carmena debe actuar”, concluíron na lectura dun comunicado.
 
La Marea

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript