NÚMERO 336 - 28/11/2016
CUTUDC / Novidades
Unha maioría composta por deputados do Partido Popular Europeo, socialdemócratas e liberais rexeitaron unha resolución para enviar o tratado con Canadá ao Tribunal Superior de Xustiza Europeo para a súa análise.
Con 419 votos
en contra, 258 a favor e 22 abstencións, o pleno do
Parlamento Europeo decidiu que o tratado de
investimentos con Canadá, CETA, non sexa levado ao
Tribunal de Xustiza da Unión Europea (TJUE) para que
este comprobe a súa compatibilidade cos Tratados da
Unión.
A chamada "gran coalición" sacou o rodete para que
se denegase a posibilidade de que o TJUE revise un
acordo que foi aprobado provisionalmente o pasado
mes de outubro. Pero hai matices, 62 deputados do
S&D (partidos socialdemócratas) votaron a favor da
moción. Tamén un deputado da PPE votou pola remisión
ao TJUE do texto do CETA.
As dúbidas esténdense ao resto dos grupos, liberais,
euroescépticos, e por suposto verdes e esquerda
(GUE/NGL) querían que a xustiza europea revise un
tratado que xa foi cuestionado pola súa
inconstitucionalidade en rexións como Valonia en
Bélxica ou o Tribunal Constitucional de Alemaña.
A resolución, exposta polo GUE/NGL "expresa serias
dúbidas sobre a compatibilidade do CETA co artigo 19
do Tratado da UE e os artigos 49, 54, 56, 267 e 340
do Tratado de Funcionamento da UE", segundo expuña
onte
Esquerda Unida do Parlamento Europeo, dentro da
coalición esquerdista.
Para esta coalición, o feito de que o Parlamento
votase en contra de que se discutise a resolución,
indica que hai unha brecha entre os dous partidos da
"gran coalición" europea. Non foi así entre os
partidos españois, PP, PSOE e Cidadáns –en tres
grupos distintos en Bruxelas–que votaron
unanimemente en contra da solicitude dun ditame
xudicial.
Á oposición dalgúns partidos políticos únese a de
boa parte da sociedade civil mobilizada contra este
tratado e contra o TTIP, que se negocia coa
Administración Obama de EE UU. Un exemplo son os
sindicatos.
Diagonal Periódico
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript