Número 335 - 21 de novembro de 2016
 
 

UNIVERSIDADE - XUNTA DE PERSOAL

Reunión co xerente

Aínda que somos conscientes de que todo leva o seu tempo, a tardanza na incorporación do novo responsable da Xerencia e a súa adaptación, retrasa, dun xeito considerable, todos os acordos que afectan ao noso colectivo, bota por terra os calendarios previstos, xeneralizando incertezas no normal desenvolvemento do calendario das convocatorias tanto nas xa iniciadas como nas previstas.

 UNIVERSIDADE

    Como facemos desde o luns, día 8 de xuño de 2015 a Alternativa de PAS Asemblearia manterá aberto o local que se lle asignou no Centro Universitario de Riazor (CUR), este luns desde as 19 até as 21 horas. Abrimos o local coa finalidade de recibir ás traballadoras e traballadores que desexen comunicarse con nós.

UNIVERSIDADE - SEGURIDADE

    Os traballadores e traballadoras de Segur Ibérica, empresa á que a UDC ten contratada a seguridade, concentráronse o día 17 diante da sede da firma para protestar contra a falta de pagamento dos salarios do mes de outubro, que afecta a máis de 50 traballadores/as na provincia da Coruña, e contra a presentación por parte da empresa dun procedemento de despido colectivo do que a empresa aínda non sinalou número de traballadores e traballadoras afectados/as.

 SENTENZAS
    O 16 de maio de 2016, o Xulgado do Contencioso - Administrativo número 3 de León ditou unha sentenza, contra a que non cabe recurso, que establece que os días de asuntos propios pendentes de gozar, por estar en situación de incapacidade temporal, teñen a mesma consideración que os días de vacacións.
FOI UN ASASINATO

    O anonimato que acompañou a Rosa P.V. nos seus últimos anos de vida segue permanecendo xunto a ela, mesmo despois da súa tráxica morte nun incendio a madrugada do pasado 14 de novembro. “Pouco se sabía dela”, din os seus veciños de Reus (Tarragona). Era a señora de 81 anos, “a do 2º B”.

SERGAS

    O sindicato de Enfermería SATSE denuncia que o Sergas leva a cabo, a través das distintas EOXIS que xestionan as áreas sanitarias, unha posible fraude de lei cos contratos.

CRISE ESTAFA

    Os galegos que tiveron a fortuna de manter o seu soldo durante a recesión en realidade sufriron unha devaluación do seu nivel económico, segundo revela unha nova estadística publicada polo INE.

ADEGA

    ADEGA e Mariña Patrimonio responsabilizan ao Servizo de Patrimonio de Lugo e ao Concello de Cervo deste fallo xudicial por non ter atendido a tempo as súas peticións de inventariado do xacemento.

 ABAIXO OS CIE
    Por terceira vez nun mes, a situación das persoas encerradas no Centro de Internamento de Estranxeiros (CIE) saltou aos medios de comunicación en forma de motín. Na noite do domingo 13 de novembro, doce persoas conseguiron escapar do CIE. Ao longo do día 14, un deles foi detido. Durante a fuga, producíronse varios incidentes e nove funcionarios policiais denuncian sufrir feridas.
 INTERNACIONAL
    Co obxectivo de realizar unha análise independente, obxectivo e imparcial dos feitos nos que foron vítimas a dirixente indíxena Berta Cáceres e o sociólogo mexicano Gustavo Castro, chegou a Honduras o Grupo asesor internacional de persoas expertas, Gaipe.
• OPINIÓN - Olga Rodríguez

    Un amigo iraquí que sufriu perdas provocadas pola invasión de Iraq ten un soño recorrente cando dorme: ao redor dunha mesa repleta de manxares conversan e rin políticos, empresarios e xornalistas occidentais. De súpeto, caídos do ceo, esborrállanse sobre as comida decenas de cadáveres de iraquís, os mortos esquecidos das páxinas non escritas diso que chamamos actualidade.

    
  •   
 
 UNIVERSIDADE
 UNIVERSIDADE DE COMPOSTELA
    A xunta de Persoal Funcionario da USC ven de facer público un comunicado no que sinala que a Xerencia lle entregou, na reunión de outubro, un Cadro que recolle os efectivos de persoal reais (prazas ocupadas), e os da RPT vixente, xunto coa previsión de xubilacións forzosas e reposición de efectivos que pode comprometer ata 2020:
 SENTENZAS
    O Xulgado do Social nº 2 de Ourense ven de ditar sentenza na que recolle o dereito dunha traballadora da Consellaría de Educación á indemnización por cese ao tomar posesión da praza o seu titular. A sentenza é a primeira en Galiza en aplicar a doutrina do Tribunal de Xustiza da Unión Europea que equipara a indemnización dos contratos temporais coa dos fixos.
 SENTENZAS
    Admite o recurso dunha maxistrada á que lle quitaron o complemento de destino do seu novo posto porque non tomou posesión ao estar de baixa por embarazo de risco.
 CONTRA A REPRESIÓN
    Ermengol Gassiot, secretario Xeral de CGT Catalunya e profesor universitario, xunto con Oriol Curral, exalumno da Universidade Autónoma de Barcelona explicaron no Salón de Graos da facultade de Dereito da Uva- a ocupación da Reitoría da UAB e as consecuencias da mesma: 300 anos de prisión e 400.000 euros de multa por defender a Universidade
 ENSINO
    O Ministerio de Educación, Cultura e Deporte vai reformar por decreto lei a LOMCE para que a avaliación final de Bacharelato sexa moi similar á Selectividade con exames só das materias troncais de 2º e non dos dous cursos da etapa como establece a lei. Ademais, a avaliación de 4º da ESO non van realizala todos os centros, senón os que elixan as comunidades autónomas, e versará só das troncais dese curso.
 SINDICATO LABREGO GALEGO
    Este ano, os incendios volveron arrasar Galiza de extremo a extremo cunha virulencia que non viviamos dende a vaga de 2006. Sen que a Consellaría de Medio Rural publicase aínda datos definitivos sobre os lumes deste verán, temos cifras parciais que apuntan a que 2016 será unha das peores campañas en cuestión de incendios.
 LABORAL
    200 empregos destruídos en tan só uns meses. A liquidación de dúas históricas empresas do téxtil galego, Caramelo e Viriato, supón a perda de dúas firmas fundamentais no pasado máis recente, volve golpear a industria en Galicia e deixa na rúa moreas de persoas. Ademais, volve cebarse co traballo feminino, moi maioritario nun sector no que o éxito dalgunhas compañías contrasta coa agonía de moitas que desaparecen e seguen o ronsel doutras que xa son historia.
 LINGUA - A MESA POLA NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA
    A Mesa pola Normalización Lingüística reuniuse onte, día 15 de novembro, e hoxe, día 16, cos grupos parlamentares do PSdG, En Marea e o BNG para expoñer os diferentes puntos que recolle o Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega (PXNLG).
    CARTAS QUE RECIBIMOS

     

    

Actuacións da Xunta de Persoal

  •   
    

Vindeiras actuacións do Comité

     

  •   
    

Achéganos a túa opinión

Escríbenos ao enderezo electrónico:
cutudc@cutudc.com

  •   
    
  •   

 

     
      MULTAS

       
        PRIVATIZANDO O MAR

         
          Números anteriores
           
          De interese
          O sindicalismo de clase depende de tí
          CALENDARIO LABORAL 2010
          CALENDARIO LABORAL 2011
          CALENDARIO LABORAL 2012
          CALENDARIO LABORAL 2013
          CALENDARIO LABORAL 2014
          CALENDARIO LABORAL 2015
          CALENDARIO LABORAL 2016
          CALENDARIO LABORAL 2017
          A LOITA DE AMINETU HAIDAR REPRESENTA A TODO UN POBO. SOLIDARIEDADE CO POBO SAHARAUÍ
           
          Sácalles a lingua  
           
          CONTRA O PACTO SOCIAL
          O XORNAL - información obreira
          O IMPERIALISMO NON PASARA!!
          NON AS NUCLEARES
          7 DE SETEMBRO, Festival da Cultura Proletaria

          cutudc.com, 2009. DHTML Menu By Milonic JavaScript