Novembro de 2016
 
 

NÚMERO 334 - 14/11/2016

   CUTUDC / Novidades

  UNIVERSIDADE DE VIGO
 

Resposta do Comité de Empresa da UVIGO á proposta de OEP presentada pola Xerencia

A Xerencia da Universidade de Vigo, convocou aos Órganos de representación para elaborar unha OPE, así mesmo fíxonos una proposta de OPE na que inclúe unha serie de prazas, e das que fai unha serie de consideracións que restrinxe tanto o número de prazas para convocar como a oferta da promoción interna que na práctica queda circunscrita a un único grupo

 

  • Noticias relacionadas

Na Universidade de Vigo non ternos unha Oferta público de Emprego dende o ano 2009, dende aquel momento se produciron ata dúas modificacións de RPT nas que se engadiron prazas que están dotadas no orzamento da Universidade de Vigo e que a 31 de decembro de 2015 están sen cobertura definitiva .
 
O comité de empresa de Pontevedra, non atopa ningún impedimento para que todas as prazas vacantes cubertas por interinidade se oferten na OPE que estamos a negociar.
 
E por iso que propomos que se convoque a cobertura definitiva das seguintes prazas:

Todas aquelas que están sen cobertura definitiva dende a aprobación da RPT anterior á Oferta pública de emprego do ano 2009
 
Aquelas que derivan da Aprobación en Consello de gobemo do 10 de Marzo de 2014 Das 5 prazas que proveñen de sentenzas xudiciais,
 
2 de TSTIC para a quenda de acceso por promoción interna
2 de TSOPE para a quenda de acceso por promoción interna
1 de TSTd para a quenda de acceso por promoción interna
 
Consideramos que ternos seguridade xurídica suficiente para que se oferten as prazas por promoción interna, respectando o articulado do Convenio e as sentenzas ás que fai referencia a Universidade para circunscribir estas prazas a quenda de acceso libre
 
Unha vez entregada esta proposta agardamos unha resposta da Xerencia para negociar esta Oferta pública de Emprego
 
Marcos Estévez Orge
Presidente do Comité de Empresa

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript