Novembro de 2016
 
 

NÚMERO 334 - 14/11/2016

   CUTUDC / Novidades

  DEREITOS TRANS
 

Os colectivos trans piden ás institucións que se impliquen contra a violencia que sofren

A Plataforma polos Dereitos Trans reclama que as institucións se impliquen no Día Internacional da Memoria Trans (TDoR polas súas siglas en inglés), que cada 20 de novembro denuncia a violencia que sofren estas persoas e lembra ás vítimas da transfobia e o odio. O pasado ano, o TDoR celebrouse en máis de 180 cidades de máis de 20 países de América do Norte, Europa, África e Oceanía.

 

  • Noticias relacionadas

“As persoas trans non son inferiores e teñen dereito á vida, como calquera ser humano. Débeselles procurar protección contra a detención arbitraria e a tortura, garantir a non discriminación e a liberdade de expresión, asociación e reunión. Estes dereitos e moitos outros son universais: acreditados nas leis internacionais, aínda que negados a moitas persoas trans, simplemente pola súa identidade de xénero ou expresión de xénero”, declara Mar Cambrollé, presidenta desta plataforma.
 
Desde este colectivo enviaron peticións de declaración institucional a concellos, parlamentos e asembleas autonómicas, ao Congreso dos Deputados e ao Parlamento Europeo para que condenen os transfemicidios, para que esixan a Nacións Unidas e aos Estados membros que sigan os Principios de Yogyakarta –sobre a interpretación e aplicación da lexislación interna e internacional sobre dereitos humanos en relación á identidade de xénero–. Tamén a que icen a bandeira trans ou iluminen un monumento, fonte á fachada emblemática coas súas cores.
 
Segundo afirma Cambrollé a Diagonal , ata agora xa se sumaron á iniciativa os concellos de Córdoba, Sevilla, Cádiz e Granada, e están en conversacións co Concello e a Asemblea de Madrid.
 
Segundo os datos do Observatorio de Persoas Trans Asasinadas, feito público o pasado 30 de marzo de 2016, no últimos oito anos máis de 2.000  trans foron asasinadas, na súa inmensa maioría mulleres. O estudo mostra un aumento significativo e constante deste tipo de asasinatos durante o últimos oito anos.
 
Desde o Observatorio de Persoas Trans Asasinadas revelan que entre o 1 de xaneiro de 2008 e o 31 de decembro de 2015 reportáronse 2.016 homicidios de persoas trans e de xénero diverso en 65 países. Máis de 1.500 deles tiveron lugar en América do Sur e Central. A análise dos datos mostra que o 65% de todas as persoas trans e de xénero diverso asasinadas cuxas profesións se coñecen eran traballadoras sexuais.
 
Ao longo das seis rexións do mundo, as cifras absolutas máis altas foron atopadas en países con movementos trans e organizacións da sociedade civil fortes, que realizan algún tipo de monitoreo profesional, como Brasil (802), México (229), Colombia (105), Venezuela (98) ou Honduras (79) en América Central e do Sur. En Estados Unidos contáronse 132 asasinatos de persoas trans.
 
Diagonal Periódico

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript