Novembro de 2016
 
 

NÚMERO 334 - 14/11/2016

   CUTUDC / Novidades

  EDUCACIÓN
 

As reválidas eliminaranse. E o demais?

Parece que as reválidas franquistas que o goberno do PP quería reeditar teñen os días contados, hai tempo que o propio PP anunciou que, en aras a un suposto consenso estaba disposto a prescindir dun dos seus proxectos no ámbito da educación, o ministro do ramo, Méndez de Vigo convocou o 24 de novembro ás CCAA á Conferencia Sectorial de Educación para tratar este tema. O PP pretende que cunha “concesión” esquezamos a reivindicación principal que non é outra ca derrogación da LOMCE.

 

  • Noticias relacionadas

A desfeita lexislativa que no eido da educación realizou o PP na anterior lexislatura só ten unha solución que, ao noso entender, pasa pola eliminación, sen deixar ningún rastro, do proxecto neoliberal urdido dende o PP e que se concretou na LOMCE, Decreto de 3+2...
 
A cidadanía e a comunidade educativa que se mobilizaron, demostrando o rexeitamento social que esas imposicións merecen, non entenderían que se fixaran concesións neste terreo
 
A suposta inestable situación do partido no goberno non debe facernos pensar que é segura a derrogación de todo o paquete de medidas aprobado polo PP, a debilidade da oposición, tanto en número como nas súas propostas, obríganos a estar vixiantes e a continuar e impulsar as mobilizacións.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript