Novembro de 2016
 
 

NÚMERO 334 - 14/11/2016

   CUTUDC / Novidades

  NAIS CONTRA A IMPUNIDADE
 

A “xustiza” condena a Nais contra a impunidade

Nun tempo récord ditaron sentencia os Xulgados da Coruña. Apenas seis días despois do xuízo, quince persoas, familiares de Diego Viña (A súa nai, a súa tia, a súa curmá), e outras nais de persoas mortas baixo custodia e varias solidarias foron condenadas a un total de 10.800 euros.

 

  • Noticias relacionadas

720 euros por persoa máis as costas xudiciais, e de non pagar, a pena substitúese por tres meses de prisión. É unha condena por unha concentración na que non houbo incidentes e na que non se identificou a ninguén in situ, por gritar “A Garda Civil tortura e asasina”, diante dos axentes do cuartel de Arteixo, onde apareceu morto Diego Viña aos seus 22 anos de idade.
 
A Garda Civil presentouse como vítima de inxurias “” e por obstrución “ao dereito ao culto” nun xuízo en que as procesadas non se lles permitiu nomear a súa necesidade de esclarecer a morte de Diego. “Esa non é a cuestión, aquí estamos para xulgar un delito de inxurias á Garda Civil”, recalcou o xuíz.
 
En setembro de 2004 Diego parece morto no cuartel despois de ser detido. A inverosímil versión do instituto militar é que se aforcou nos calabozos cos seus pantalóns. Pero durante a investigación o propio sarxento recoñeceu que os pantalóns foron tirados ao lixo e que as cámaras de vixilancia estaban apagadas. Desde entón a familia e persoas solidarias concéntranse ante os obstáculos á investigación e o silencio mediático, cada 12 de outubro, día do Pilar, patroa da Garda Civil, diante da igrexa parroquial onde o corpo armado celebra unha misa católica.
 
Fronte á criminalización da dignidade das familias e solidarias, solidariedade imparable!
 
Seguimos querendo saber, como morreu Diego.
 
Kaosenlared

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript