Número 334 - 14 de novembro de 2016
 
 

UNIVERSIDADE - XUNTA DE PERSOAL

Hoxe luns, día 14, reunión co xerente

Hoxe, día 14 a Xunta de Persoal reúnese co xerente para tratar todos os temas pendentes. Os abertos e paralizados (promocións, plano de formación...) os que están fóra de prazo e sen iniciar (concurso, modificación da RPT para introducir o grupo B...) os que teñen que se por en marcha de xeito inmediato (convocatoria de promocións SIC e persoal que quedou pendente da primeira promoción por funcionarizarse no ano 2015. OEP de 2017 e convocatorias ...) tamén aproveitaremos a circunstancia para reformular reivindicacións que reiteradamente se lle realizaron á Xerencia sen que fosen atendidas.

 UNIVERSIDADE

    Como facemos desde o luns, día 8 de xuño de 2015 a Alternativa de PAS Asemblearia manterá aberto o local que se lle asignou no Centro Universitario de Riazor (CUR), este luns desde as 19 até as 21 horas. Abrimos o local coa finalidade de recibir ás traballadoras e traballadores que desexen comunicarse con nós.

UNIVERSIDADE DE VIGO

    A Xerencia da Universidade de Vigo, convocou aos Órganos de representación para elaborar unha OPE, así mesmo fíxonos una proposta de OPE na que inclúe unha serie de prazas, e das que fai unha serie de consideracións que restrinxe tanto o número de prazas para convocar como a oferta da promoción interna que na práctica queda circunscrita a un único grupo.

 CUT
    Co gallo do 25 de novembro, Día Internacional pola Eliminación da Violencia contra as Mulleres, a Secretaría das Mulleres da CUT bota a andar unha formación dirixida especificamente a delegadas e afiliadas da CUT, co obxecto de que esta axude "a comprender, identificar, responder, prever e erradicar as agresións machistas das nosas vidas".
LABORAL

    O salario medio en Galicia en 2015 situouse en 1.780,9 euros, uns 113 euros menos que a media española (1.893,7 euros), segundo figura no 'Decil de salarios do emprego principal', que publica este venres o Instituto Nacional de Estatística (INE).

RADON

    Das 53 comarcas que conforman Galicia, 30 presentan un risco alto de concentración de radon. A exposición a este gas é, despois do consumo de tabaco, o segundo factor de risco do cancro de pulmón e o primeiro en persoas que nunca fumaron. Por iso o Código Europeo Contra o Cancro, publicado en 2014 pola Axencia Internacional de Investigación en Cancro da Organización Mundial da Saúde (OMS), sinálao como unha das exposicións ambientais a reducir..

ADEGA

    Logo de 8 anos de silencio SOGAMA vén de publicar (por imperativo legal, consonte a Lei 1/2016 de Transparencia) a súa memoria de actividade de 2015.

DEREITOS TRANS

    A Plataforma polos Dereitos Trans reclama que as institucións se impliquen no Día Internacional da Memoria Trans (TDoR polas súas siglas en inglés), que cada 20 de novembro denuncia a violencia que sofren estas persoas e lembra ás vítimas da transfobia e o odio. O pasado ano, o TDoR celebrouse en máis de 180 cidades de máis de 20 países de América do Norte, Europa, África e Oceanía.

 NAIS CONTRA A IMPUNIDADE
    Nun tempo récord ditaron sentencia os Xulgados da Coruña. Apenas seis días despois do xuízo, quince persoas, familiares de Diego Viña (A súa nai, a súa tia, a súa curmá), e outras nais de persoas mortas baixo custodia e varias solidarias foron condenadas a un total de 10.800 euros.
 PLANS DE PENSIÓNS
    Os plans de pensións convertéronse nun negocio moi suculento para o capital bancario: só en comisións gañaron 1.830 millóns de euros, ademais dos 104.000 millóns que teñen cautivos dos seus clientes. A privatización das pensións, sobre a base da ruína do sistema público que eles e os gobernos de quenda impulsan, é un apetitoso bocado para a súa insaciable voracidade.
• OPINIÓN - Rosa Cobo Bedia

    A violencia contra as mulleres converteuse en obxecto de investigación teórica e de práctica política polo feminismo radical nos anos setenta. Aínda que a violencia patriarcal estivo presente como preocupación política en toda a historia do feminismo, será a partir dos anos setenta do século pasado cando este tema se convertese nunha peza fundamental da axenda feminista.

    
  •   
 
 UNIVERSIDADE

    Segur Ibérica, empresa á que a Universidade da Coruña ten subcontrada a seguridade, ven de presentar un procedemento de despido colectivo que afectará a todos os centros da empresa e no que non sinala o número de traballador@s que se verán afectad@s. A empresa conta con arredor de 4.000 empregad@s en todo o estado, que denuncian, tamén, que aínda non cobraron o salario do mes de outubro.

 XUNTA DE GALIZA
    Feijoo, que revalidou a súa maioría absoluta gobernará o noso país outros catro anos máis. A pesar das intencións sinaladas no discurso de investidura somos absolutamente escéptic@s á hora de crermos que se producirá un cambio substancial no seu comportamento tanto no referente á administración autonómica como ás súas determinacións e actitudes ao respecto d@s traballador@s dos servizos públicos que del dependen.
 EDUCACIÓN
    Parece que as reválidas franquistas que o goberno do PP quería reeditar teñen os días contados, hai tempo que o propio PP anunciou que, en aras a un suposto consenso estaba disposto a prescindir dun dos seus proxectos no ámbito da educación, o ministro do ramo, Méndez de Vigo convocou o 24 de novembro ás CCAA á Conferencia Sectorial de Educación para tratar este tema. O PP pretende que cunha “concesión” esquezamos a reivindicación principal que non é outra ca derrogación da LOMCE.
 ENQUISA DE POBOACIÓN ACTIVA
    Os empresarios españois non pagan case a metade das horas extraordinarias que realizan os traballadores e traballadoras, segundo datos da Enquisa de Poboación Activa (EPA) do terceiro trimestre deste ano.
 EMERXENCIAS
    A Plataforma de Bombeiros Públicos de Galicia volveu denunciar que o sistema de emerxencias galego "carece dun razoamento lóxico", xa que os protocolos do 112 "priman a alerta a servizos de bombeiros de xestión indirecta vetando aos de xestión directa que se atopan en moitos casos considerablemente máis preto dos sinistros".
 SINDICATO LABREGO GALEGO
    No contexto do #COP22 (Marrakech, 7-18 de novembro), O SLG, coma outras organizacións da Vía Campesina, vén de asinar un manifesto -As nosas terras valen máis có carbono- no que denuncia a utilización da terra como sumidoiro de carbono para enfrontar o #CambioClimático. Para nós, esta é unha falsa solución que só incrementará o perigo de acaparamento de terras e que non diminuirá a verdadeira causa do cambio climático: as emisións de dióxido de carbono.
 PECHE NA SEDE DO BANCO EN MADRID
    Unhas 150 persoas da coordinadora de vivenda de Madrid pecháronse na sede do banco de investimento Goldman Sachs para denunciar "a onda de desafiuzamentos", uns 30 segundo precisa un portavoz a Diagonal , que se produciron e se producirán entre novembro e decembro nas 3.000 vivendas do Instituto de Vivenda de Madrid (IVIMA) que a Comunidade de Madrid vendeu en 2013 a esta entidade financeira e a outros fondos de investimento.
 CONSUMO
    O Tribunal Supremo declarou nulo o Real Decreto que regula o procedemento de pago da compensación equitativa por copia privada con cargo aos Orzamentos Xerais do Estado, coñecido como 'canon dixital', segundo unha sentenza á que tivo acceso Europa Press.
 LINGUA - A MESA POLA NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA
    Santiago de Compostela, 10/11/2016-. A Mesa pola Normalización remitiu hoxe unha solicitude de reunión a todos os grupos da cámara galega para acordar as primeiras accións a prol do galego diante da nova lexislatura que se abriu.
    CARTAS QUE RECIBIMOS

     

    

Actuacións da Xunta de Persoal

  •   
    

Vindeiras actuacións do Comité

     

  •   
    

Achéganos a túa opinión

Escríbenos ao enderezo electrónico:
cutudc@cutudc.com

  •   
    
  •   

 

     

       
        ATURDINDO

         
          TRUMP GAÑA

           
            Números anteriores
             
            De interese
            O sindicalismo de clase depende de tí
            CALENDARIO LABORAL 2010
            CALENDARIO LABORAL 2011
            CALENDARIO LABORAL 2012
            CALENDARIO LABORAL 2013
            CALENDARIO LABORAL 2014
            CALENDARIO LABORAL 2015
            CALENDARIO LABORAL 2016
            CALENDARIO LABORAL 2017
            A LOITA DE AMINETU HAIDAR REPRESENTA A TODO UN POBO. SOLIDARIEDADE CO POBO SAHARAUÍ
             
            Sácalles a lingua  
             
            CONTRA O PACTO SOCIAL
            O XORNAL - información obreira
            O IMPERIALISMO NON PASARA!!
            NON AS NUCLEARES
            7 DE SETEMBRO, Festival da Cultura Proletaria

            cutudc.com, 2009. DHTML Menu By Milonic JavaScript