NÚMERO 334 - 14/11/2016
CUTUDC / Novidades
Os empresarios españois non pagan case a metade das horas extraordinarias que realizan os traballadores e traballadoras, segundo datos da Enquisa de Poboación Activa (EPA) do terceiro trimestre deste ano.
Entre xullo e
setembro realizáronse en España máis de 5,3 millóns
de horas extraordinarias á semana. Delas,
retribuíronse 2.718.200 horas (o 51,06%), mentres
que 2.604.700 horas extra non se pagaron, o
equivalente ao 48,9% do total.
O número de horas extraordinarias realizadas polos
asalariados foise reducindo nos últimos anos,
coincidindo coa crise económica. Mentres que no
primeiro trimestre de 2008 as horas extra
contabilizadas á semana superaban os 10 millóns, no
terceiro trimestre deste ano a cifra reduciuse case
á metade (5,3 millóns).
No últimos oito anos, ao mesmo tempo que baixaba o
número de horas extra, aumentaba o peso das horas
extraordinarias non retribuídas. Así, no primeiro
trimestre de 2008 só o 37,9% das horas extra non se
pagaban, cifra que agora é do 48,9% pero que chegou
a ser moito maior.
De feito, no terceiro trimestre de 2012 o 67,3% das
horas extraordinarias non tiñan retribución algunha.
Ese período, o do terceiro trimestre de 2012, é
ademais o que menos horas extraordinarias
contabiliza en toda a serie (4.508.200), tanto
pagadas como non pagadas.
Case 600.000 traballador@s fan horas extra
Dos 15,4 millóns de asalariad@s contabilizad@s
polo Instituto Nacional de Estatística (INE) no
terceiro trimestre, algo máis de 14,8 millóns non
realizaron horas extraordinarias neste período,
fronte a case 600.000 que si fixeron.
En concreto, 599.400 asalariados, o 3,9% do total,
realizaron horas extra entre xullo e setembro. A
282.100 asalariados pagóuselles por este traballo
extra, mentres que a 276.800 non se lles retribuíu e
40.500 declaran realizar horas extra tanto pagas
como non remuneradas. No terceiro trimestre de 2007,
período no que os expertos sitúan o inicio da crise
económica en España, os asalariados que realizaban
horas extra superaban a cifra de 1,1 millóns de
traballadores; agora esta cantidade reduciuse
practicamente á metade.
En consonancia co maior peso do número de horas
extraordinarias non retribuídas producido nos
últimos anos, os asalariados que declaran realizar
horas extra non remuneradas foron gañando terreo aos
que perciben unha retribución por elas. Así, no
últimos nove anos a porcentaxe de asalariados que
realiza horas extra non retribuídas subiu desde o
29,8% do terceiro trimestre de 2007 ao 46,1% no
mesmo período de 2016.
As estatísticas demostran que medra a explotación
laboral froito da reforma laboral.
EP
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript