Novembro de 2016
 
 

NÚMERO 334 - 14/11/2016

   CUTUDC / Novidades

  XUNTA DE GALIZA
 

Feijoo investido presidente

Feijoo, que revalidou a súa maioría absoluta gobernará o noso país outros catro anos máis. A pesar das intencións sinaladas no discurso de investidura somos absolutamente escéptic@s á hora de crermos que se producirá un cambio substancial no seu comportamento tanto no referente á administración autonómica como ás súas determinacións e actitudes ao respecto d@s traballador@s dos servizos públicos que del dependen.

 

  • Noticias relacionadas

A pesares da cacarexada recuperación económica, aínda que o reelixido presidente incha o peito ao falar da boa situación pola que atravesa a comunidade en comparación co resto do estado, a posibilidade de que as RPT sexan expansivas para rematar coa alta interinidade que provocaron anos de taxa de reposición 0, a recuperación do salario recortado nestes anos, a recuperación do poder adquisitivo perdido... son dereitos que, estamos segur@s que non se nos devolverán sen a nosa presión e mobilización.
 
Como xa sinalamos en múltiples ocasións está en xogo a pervivencia dos servizos públicos tal e como os coñecemos na actualidade. Como xa comentamos noutros boletíns, somos traballador@s ao servizo da cidadanía e temos que facer honor a esa tarefa reivindicando uns servizos públicos de calidade, poñendo todo o noso empeño e capacidades na presión para que os que nos gobernan cambien a folla de ruta planeada que contempla o seu progresivo deterioro e privatización .

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript