Novembro de 2016
 
 

NÚMERO 334 - 14/11/2016

   CUTUDC / Novidades

  CUT
 

Formación contra as violencias machistas en novembro

Co gallo do 25 de novembro, Día Internacional pola Eliminación da Violencia contra as Mulleres, a Secretaría das Mulleres da CUT bota a andar unha formación dirixida especificamente a delegadas e afiliadas da CUT, co obxecto de que esta axude "a comprender, identificar, responder, prever e erradicar as agresións machistas das nosas vidas".

 

  • Noticias relacionadas

A cita terá lugar na cidade de Compostela, o 22 de novembro, da man da compañeira e activista feminista Lola Ferreiro, e está aberta a todas as afiliadas e delegadas da CUT. As inscripcións realizaranse nos locais da central sindical en Compostela (ou ben a través do mail cutcompos@gmail.com. Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo ou do teléfono 981 58 44 27).
 
A formación foi convocada coa seguinte demanda: "Nesta sociedade machista as mulleres sufrimos agresións de cotío. Unha boa parte delas trascenden a violencia física, dimensión máis visibilizada e recoñecida socialmente. Mas toda e calquera tipo de agresión menoscaba a nosa dignidade, integridade e saúde.
 
A desigualdade salarial e no acceso a dereitos fundamentais, a sobrecarga de coidados, o acoso sexual na rúa e en diferentes espazos, as interrupcións e "ninguneo" en asembleas, o paternalismo, a invisibilización dos nosos logros, os canóns estéticos... son diferentes expresións de maltrato que conforman a pirámide de violencia na que se que estrutura a sociedade patriarcal-capitalista".
 
Quedan pois as portas abertas á participación de todas as afiliadas e delegadas da nosa central sindical nesta máis que urxente e interesante xornada.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript