NÚMERO 334 - 14/11/2016
CUTUDC / Novidades
Máis colaboracións.
Unhas declaracións que
teñen que ter consecuencias
Nos
boletíns anteriores comentastes que reclamarades o cese de
Xavier Alcalá polas declaracións nas que denigraba ás
persoas con discapacidade. Nos órganos nos que o fixestes
estaba presente a vicerreitora de “Responsabilidade Social”
que, en boa lóxica, debería ser a primeira en reclamarlle ao
reitor a toma de medidas que rematasen no seu cese. O
silencio desta persoa, a súa submisión diante dun feito de
tanta gravidade deslexitímaa a ela tamén para seguir no
cargo. Todo iso sen que diminúa nin un gramo a
responsabilidade do reitor que debería actuar
inmediatamente.
Radon
Alí
onde se fan medicións, recóllense datos que evidencian o
alto índice de gas Radon, tamén parece que nos atopamos
diante dunha praga bíblica, a única solución é a aireación
da estancia e nos casos de máis incidencia o seu peche.
Dásenos a imaxe de que a nivel construtivo a situación non
ten solución. De verdade non se pode facer nada?. De ser
certo que, de momento non hai remedio, tendo como temos
titulacións relacionadas coa construción, a ningún dos
agudos investigadores se lle ocorreu iniciar un proxecto
nesa dirección?.
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript