Novembro de 2016
 
 

NÚMERO 334 - 14/11/2016

   CUTUDC / Novidades

  UNIVERSIDADE
 

A empresa de seguridade contratada pola universidade presenta procedemento de despido colectivo

Segur Ibérica, empresa á que a Universidade da Coruña ten subcontrada a seguridade, ven de presentar un procedemento de despido colectivo que afectará a todos os centros da empresa e no que non sinala o número de traballador@s que se verán afectad@s. A empresa conta con arredor de 4.000 empregad@s en todo o estado, que denuncian, tamén, que aínda non cobraron o salario do mes de outubro.

 

  • Noticias relacionadas

Desde a empresa intentan minimizar os efectos do procedemento presentado sinalando que só afectará ás seccións administrativas. Aínda que así fose, opoñeriámonos con igual determinación porque non podemos permitir a destrución de ningún posto de traballo. De tódolos xeitos esa interpretación choca directamente coa comunicación remitida ao Comité de Empresa e que reproducimos.
 
A empresa fundamenta o despedimento colectivo en causas económicas establecendo como data de inicio o 25 de novembro.
 
A UDC ten aberto o proceso de licitación para a contratación da empresa que se encargará da seguridade nos Campus de Ferrol e da Coruña. A circunstancia de que Segur Ibérica, a empresa coa que actualmente ten o contrato, presentase ese expediente de despedimento colectivo fai máis urxente que a tramitación se leve adiante.
 
En todo caso, igual que fixemos cando @s traballador@s de Linorsa, empresa que tiña a concesión da limpeza en varios centros da universidade, tiveron problemas co cobro de salarios, poñémonos a disposición dest@s compañeir@s para facer o que for preciso na defensa dos seus dereitos.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript