Novembro de 2016
 
 

NÚMERO 334 - 14/11/2016

   CUTUDC / Novidades

  PECHE NA SEDE DO BANCO EN MADRID
 

A PAH contra Goldman Sachs

Unhas 150 persoas da coordinadora de vivenda de Madrid pecháronse na sede do banco de investimento Goldman Sachs para denunciar "a onda de desafiuzamentos", uns 30 segundo precisa un portavoz a Diagonal , que se produciron e se producirán entre novembro e decembro nas 3.000 vivendas do Instituto de Vivenda de Madrid (IVIMA) que a Comunidade de Madrid vendeu en 2013 a esta entidade financeira e a outros fondos de investimento.

 

  • Noticias relacionadas

Encasa Cibeles, participado por Goldman Sachs, é o actual propietario de gran parte destas vivendas públicas repartidas en 32 promocións nas localidades de Parla, Majadahonda, Valdemoro e Madrid.
 
"Non nos imos a ir ata que poñan un mediador que pare os desafiuzamentos", asegurou un portavoz da coordinadora, que aglutina ás plataformas de afectados pola hipoteca de Madrid, afectados pola venda de vivendas do antigo IVIMA e asembleas de vivenda do 15M.
 
Os desafiuzamentos afectan a todo tipo de fogares e situacións sociais: beneficiarios do plan novo de vivenda, con ou sen dereito a compra, ou familias que entraron a vivir nas casas xa desaloxadas tras o cambio de propiedade. 
 
Varios dos activistas conseguiron subir ás oficinas e están a negociar. Con esta acción, a coordinadora de vivenda de Madrid esixe a paralización de todos os procedementos xudiciais e desafiuzamentos de Encasa Cibeles na rexión, e tamén denuncia ás tres administracións responsables desta situación.
 
"Sinalamos á plana maior do Partido Popular en Madrid, imputada pola venda das vivendas do IVIMA a fondos voitre. Tamén a Cristina Cifuentes, presidenta da Comunidade Autónoma, por non facer absolutamente nada e criminalizar a quen se viron afectados pola compravenda destas vivendas públicas", explica o portavoz.
 
O goberno central de  Mariano Rajoy tamén está implicado, segundo os activistas, xa que facilitou a entrada deste tipo de fondos ao crear a figura legal das Socimi (Sociedades Anónimas Cotizadas de Investimento no Mercado Inmobiliario), polas que o investimento no mercado do aluguer por parte destes fondos suxéitase a beneficios fiscais. "Soben o aluguer ata un 50% e a plusvalía que obteñen só a tributan ao 1%", asegura.
 
Os consistorios de Parla, Majadahonda e Madrid son así mesmo criticados, por inacción ou omisión. "O concello de Madrid fracasou nos seus intentos de mediar, que foron sempre de baixísima intensidade", lamenta o portavoz.
 
A acción de protesta desenvolveuse de maneira pacífica, con presenza de policía municipal e nacional.
 
Diagonal Periódico

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript