Novembro de 2016
 
 

NÚMERO 333 - 07/11/2016

   CUTUDC / Novidades

  UNIVERSIDADE DE VIGO
 

A Xunta de Persoal preséntalle á Xerencia unha proposta alternativa de promocións

A Xunta de Persoal da UVIGO acordou realizar unha proposta alternativa á realizada pola Xerencia da Universidade que lles presentara unha oferta de promoción interna por etapas que finalizaría no 2020.

 

  • Noticias relacionadas

 

PROPOSTA DE PROMOCIÓN INTERNA DA XUNTA DE PERSOAL
 
Logo de reunida a Xunta de Persoal Funcionario de Administración e Servizos o día 2 de novembro de 2016, ante a proposta de promoción interna do equipo reitoral do 19/10/16, fai as seguintes manifestacións:
 
1. A Dirección Xeral de Planificación e Orzamentos da Xunta de Galiza, emitiu informe favorable relativo a relación de postos de traballo do persoal funcionario de administración e servizos da Universidade de Vigo, neste informe resalta que a devandita modificación dispón de financiamento nos orzamentos da entidade para o exercicio 2016 e non supón aumento da súa masa salarial nin do límite máximo do custo de persoal da Universidade de Vigo.
 
2. No anexo I reflicte e asume o seguinte:
 

Categoría

Nivel

Nº Postos

Masa Salarial RPT

C1

16

74

1.572.544,40

C2

16

0

0,00

 
 
 
 
É dicir, todos os postos están presupostados como grupo C1. Polo tanto, é totalmente asumible a promoción interna do 100% do persoal funcionario pola Universidade de Vigo.

Nesta conxuntura económica e cos atrancos manifestados polo equipo xerencial en canto á aprobación da devandita oferta de promoción interna, esta Xunta de Persoal  ACORDA propoñer ao equipo de goberno:
 
1. Convocatoria do 100% das prazas de promoción interna de grupo C2 ao C1 no ano 2016.
 
2. Negociación no 2017 da promoción interna dos grupos C1 ao A2, do A2 ao A1 de administración e de grupo A2 ao A1 de bibliotecas.
 
Noutra orde de couusas, no D.O.G. de 4 de novembro de 2016 publícase a Resolución de 26 de outubro de 2016 porla que se acorda publicar a revogación da relación de postos de traballo do persoal funcionario e laboral de administración e servizos da Universidade de Vigo
 

 

 

 

 

 

 

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript