NÚMERO 333 - 07/11/2016
CUTUDC / Novidades
Tres meses despois do cese efectivo, non oficial, do seu antecesor no cargo, medio mes despois do seu nomeamento no Consello Social, o novo xerente tivo a primeira reunión coa Xunta de Persoal. Na orde do día a convocatoria do concurso de méritos para o persoal funcionario e un remexido no que se comentaron diversos temas.
O xerente
significou na súa presentación que o seu currículo
xa se coñecía porque se difundira entre o colectivo,
remarcou o seu carácter dialogante, sinalou que o
seu comportamento terá como premisa a honradez e a
franqueza, sempre tendo en conta que vai defender os
intereses institucionais.
A Xunta de Persoal, despois das presentacións de
rigor, transmitiulle os acordos adoptados ao
respecto do concurso, recalcando o incumprimento
dos prazos acordados, sinalándolle, tamén, a
urxencia da convocatoria.
Aparte dos reiterados incumprimentos de prazos,
evidenciáronselle os incumprimentos das normativas
acordadas entre as partes significativamente no que se
refire ás comisións de servizo, tanto do persoal
funcionarizado como no nomeamento do vicexerente de
Ferrol.
Acordouse realizar unha nova reunión o vindeiro día
14 na que, ademais de rematar coa convocatoria do
concurso, se tratarán todos os procesos en marcha,
os que non o están por incumprimento dos prazos, e
os que corresponde iniciar de xeito inmediato.
Pola súa parte a Xunta de Persoal reunirase o día 10
coa finalidade de preparar a reunión do día 14.
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript