NÚMERO 333 - 07/11/2016
CUTUDC / Novidades
Unha de cada dez novas persoas desempregadas en outubro era galega. O paro incrementouse en todos os sectores agás a construción, e a afiliación á Seguridade Social caeu en 7.553 persoas en dous meses.
O número de persoas
rexistradas no paro aumentou en outubro na Galiza
nun 2,37%, porcentaxe que dobra a media estatal,
onde a suba foi do 1,2%. O mes pasado houbo
anotadas nas oficinas de desemprego na Galiza 4.604
persoas máis que en setembro e sitúa a cifra de
persoas rexistradas como paradas en 198.940. No
conxunto do estado español outubro despediuse
deixando 44.685 parados máis. O 10% deles era
galego, un de cada dez, embora en poboación e
asalariados non pasemos do 5,9 por cento no conxunto
do Estado.
O paro rexistrado subiu en todos os sectores agás
a construción, onde mesmo se reduciu en 40
persoas. Mais iso non se deu no resto de ramas de
actividade, nomeadamente en servizos, onde en
outubro a cifra de parados rexistrados aumentou en
3.257. Tamén se incrementou o desemprego en
industria (263 desempregados máis) e agricultura,
con 1.022 novos parados, case un de cada catro novos
desempregados rexistrados en outubro. Se facemos
a comparación interanual, nestes doce meses o paro
baixou no noso país na Galiza nun 10,4%, 23.152
persoas. A porcentaxe mellora a media no estado
español, que foi de 9,85% nese mesmo período.
A afiliación á Seguridade Social descendeu en
outubro en 1.335 persoas, ficando en 971.552, delas
733.321 no Réxime xeral, 216.237 en Autónomos e
21.994 no do Mar. Se estendemos o cálculo a dous
meses atrás, comprobamos que entre setembro e
outubro a SS perdeu na Galiza en 7.553 persoas.
Os dados proporcionados polo Ministerio de Emprego
sobre contratación confirman a elevada
temporalidade da economía. Os contratos
temporais son amplamentre maioritarios, mesmo nos
meses fóra do 'tirón' turístico e vacacional.
En outubro asináronse na Galiza 86.274 contratos,
dos que 79.636 foron de carácter temporal.
Sermos Galiza
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript