NÚMERO 333 - 07/11/2016
CUTUDC / Novidades
Barcelona será a sede da Asemblea Xeral da Rede Europea para a Igualdade das Linguas (ELEN) o próximo 5 de novembro. Reuniranse máis dun centenar de organizacións que loitan para promover, protexer e normalizar as linguas minorizadas.
Neste encontro,
A Mesa participará como membro da Rede Europea e
será representada polo seu presidente Marcos Maceira
e polo secretario de Relacións Internacionais Paulo
Filgueiras. A través acción internacional da Mesa e
da súa participación en ELEN, a entidade en defensa
do galego presentou recentemente un informe sobre a
situación do galego no Parlamento Europeo e no
Comité de Dereitos Humanos das Nacións Unidas.
No encontro, os participantes compartirán as accións
que fan nos seus países e así elaborarán estratexias
para o desenvolvemento pleno das linguas non oficias
na UE xa que, na actualidade, 50 millóns de cidadáns
europeos posúen unha lingua propia que non está
caracterizada como oficial. A Mesa pola
normalización Lingüística tratará a defensa do
galego a nivel internacional.
Os participantes na Asemblea Xeral de ELEN serán
recibidos mañá sexta feira (venres) día 4, ás 17h no
Palau da Generalitat polo Presidente do Goberno
catalán Carles Puigdemont
A presidenta do Parlamento de Cataluña, Carme
Forcadell, presidirá este sábado a apertura da
reunión e acollerá os participantes presentes nun
encontro que será encerrado polo Conselleiro de
asuntos exteriores, Raúl Romeva.
A Asemblea será coordinada por Davyth Hicks,
Secretario Xeral da organización, que sinalou que na
xuntanza “falaremos sobre as novas recomendacións de
ELEN á Unión Europea para revitalizar e normalizar
as nosas linguas, así como os casos de
discriminación lingüística en tribunais
internacionais e o novo protocolo de Donostia para a
garantía de dereitos lingüísticos”.
ELEN é a organización europea de referencia na
defensa das linguas minorizadas. A Asemblea
escollerá novo Comité de Dirección no que A Mesa
propón ao seu presidente Marcos Maceira, para ocupar
unha vicepresidencia.
A Asemblea Xeral de ELEN será acollida no Camp Nou
polo FC Barcelona que xunto coa Plataforma per la
Llengua celebra os cen anos do primeiro documento en
catalán publicado polo clube deportivo.
A Mesa Pola Normalización Lingüística
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript