Número 333 - 07 de novembro de 2016
 
 

UNIVERSIDADE

O xerente reúnese coa Xunta de Persoal

Tres meses despois do cese efectivo, non oficial, do seu antecesor no cargo, medio mes despois do seu nomeamento no Consello Social, o novo xerente tivo a primeira reunión coa Xunta de Persoal. Na orde do día a convocatoria do concurso de méritos para o persoal funcionario e un remexido no que se comentaron diversos temas.

 UNIVERSIDADE

    Como facemos desde o luns, día 8 de xuño de 2015 a Alternativa de PAS Asemblearia manterá aberto o local que se lle asignou no Centro Universitario de Riazor (CUR), este luns desde as 19 até as 21 horas. Abrimos o local coa finalidade de recibir ás traballadoras e traballadores que desexen comunicarse con nós.

UNIVERSIDADE DE COMPOSTELA

    Segundo nos informan @s compañeir@s da USC o pasado día 11 de outubro realizouse unha reunión Xerencia-Xunta de Persoal para tratar, esencialmente, sobre Reorganización das Unidades de apoio á xestión de centros e departamentos e da adaptación da RPT de PAS ao cadro de persoal.

 ERE EXTEL - O COMITÉ DE EMPRESA INFORMA
    A empresa Extel aprobou finalmente un Expediente de regulación de emprego voluntario que afectará a 107 traballadores na Coruña, 239 en todo o estado, de novo o centro de traballo da Coruña é o máis prexudicado. Nun principio Extel expuxera 205 despedimentos, logo 167 e agora, tras as mobilizacións dos traballadores de Extel.
LABORAL

    Unha de cada dez novas persoas desempregadas en outubro era galega. O paro incrementouse en todos os sectores agás a construción, e a afiliación á Seguridade Social caeu en 7.553 persoas en dous meses.

MEDIO E DDHH

    As ONG Amigos da Terra e Alianza pola Solidariedade entregaron esta mañá ao embaixador de Guatemala en España, Fernando Molina Girón, 23.000 sinaturas "para esixir a retirada definitiva da empresa Ecoener-Hidralia do país". Acusan á hidroeléctrica española de atentar contra os dereitos das comunidades indíxenas e locais.

ADEGA

    A volta á explotación do histórico xacemento de estaño-wolfram de San Fins (Lousame), hoxe propiedade da mineira "Tungsten San Finx SL" (Grupo SACYR) pode supoñer unha nova ameaza ambiental para toda a ría de Noia.

CONSUMO

    O recibo da luz en España aumentou un 24,6% no últimos seis meses, segundo os cálculos de Facua-Consumidores en Acción, a principal organización en defensa dos consumidores en España.

 LATINOAMÉRICA
    As organizacións non gobernamentais convertéronse nunha maldición para o pobo haitiano. Así o denunciou Roraima Gutiérrez Moreno nun artigo publicado por AlbaTV.
 FEDERACIÓN SINDICAL MUNDIAL
    A Federación Sindical Mundial que representa a 92 millóns de traballadores-as en cada recuncho do mundo esixe a eliminación inmediata do bloqueo imperialista contra Cuba. A FSM estivo e seguirá estando a carón do pobo cubano e de cada pobo do mundo que se levanta contra as intervencións e políticas imperialistas. Cremos firmemente que o pobo de cada país é responsable para decidir sobre o seu propio presente e futuro, sen os grílete dos monopolios e os gobernos burgueses.
• OPINIÓN - Rosa María Artal

    Resulta descorazonador ese andar e desandar o mesmo camiño que as mulleres fixemos hai décadas levantando os xugos que atenazaban ás nosas nais e avoas. A batalla pola igualdade, pola dignidade, pola liberdade sobre todo. Chanzos que parecían xa conquistados volven racharse forzando a botar o pé atrás.

    
  •   
 
 UNIVERSIDADE

    Unha vez coñecidos, de xeito oficial, os días declarados festivos para o ano 2017, como facemos todos os anos, poñemos ao voso dispor o calendario laboral do ano 2017 da Universidade da Coruña.

 UNIVERSIDADE DE VIGO
 ADMINISTRACIÓN PÚBLICA
    Os datos sobre emprego feitos públicos nestes últimos días sinalan o paulatino crecemento da temporalidade nas administracións públicas, en concreto establecen que 686.800 persoas desenvolven o seu traballo con contrato temporal, o que representa o número máis alto dos últimos catro anos.
 ENQUISA DE POBOACIÓN ACTIVA
    Estes días pasados publicouse a Enquisa de Poboación Activa do terceiro trimestre. Os medios de comunicación resaltan a baixada do paro que nalgún caso sinalan como “histórica”, unha análise máis coherente dos datos demostran que a crise pesa sobre as costas d@s asalariad@s, d@s que estamos condenad@s a traballos temporais e cada día máis precarios e d@s que se expulsou da actividade laboral.
 DESVALORIZACIÓN SALARIAL
    Mulleres e menores de 24 anos levan a peor parte da estratexia de desvalorización salarial seguida polo Goberno de España para mellorar as cifras de emprego. Aumenta a desigualdade e sobe un 3% o número de traballadores pobres.
 FRONTEIRAS INTERIORES
    Varios axentes de policía recíbente e fanche entrega dun fino colchón –parecido ás que hai nos calabozos das comisarías–, un xogo de sabas e un pequeno kit de aseo. Lévante a unha habitación con liteiras que compartes con entre cinco e sete persoas máis.
 NAIS CONTRA A IMPUNIDADE
    Onte mércores, día 2 de novembro, foron xulgadas 15 persoas nos xulgados de Coruña por 'inxurias á Garda Civil' por pedir o esclarecemento da morte de Diego Viña, un mozo de 22 anos que foi achado morto no cuartel da Garda Cvivil de Arteixo (Coruña) en setembro do 2004.
 INTERNACIONAL
    Unha nova xornada para expresar o rexeitamento da cidadanía ao sistema privado de pensións transcorreu este venres en Chile, durante o paro nacional convocado pola Coordinadora Non+AFP.
 LINGUA - A MESA POLA NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA
    Barcelona será a sede da Asemblea Xeral da Rede Europea para a Igualdade das Linguas (ELEN) o próximo 5 de novembro. Reuniranse máis dun centenar de organizacións que loitan para promover, protexer e normalizar as linguas minorizadas.
    CARTAS QUE RECIBIMOS

     

    

Actuacións da Xunta de Persoal

  •   
    

Vindeiras actuacións do Comité

     

  •   
    

Achéganos a túa opinión

Escríbenos ao enderezo electrónico:
cutudc@cutudc.com

  •   
    
  •   

 

     
      MAQUILLAXE

       
        A STA. COMPAÑA

         
          Números anteriores
           
          De interese
          O sindicalismo de clase depende de tí
          CALENDARIO LABORAL 2010
          CALENDARIO LABORAL 2011
          CALENDARIO LABORAL 2012
          CALENDARIO LABORAL 2013
          CALENDARIO LABORAL 2014
          CALENDARIO LABORAL 2015
          CALENDARIO LABORAL 2016
          CALENDARIO LABORAL 2017
          A LOITA DE AMINETU HAIDAR REPRESENTA A TODO UN POBO. SOLIDARIEDADE CO POBO SAHARAUÍ
           
          Sácalles a lingua  
           
          CONTRA O PACTO SOCIAL
          O XORNAL - información obreira
          O IMPERIALISMO NON PASARA!!
          NON AS NUCLEARES
          7 DE SETEMBRO, Festival da Cultura Proletaria

          cutudc.com, 2009. DHTML Menu By Milonic JavaScript