Novembro de 2016
 
 

NÚMERO 333 - 07/11/2016

   CUTUDC / Novidades

  FEDERACIÓN SINDICAL MUNDIAL
 

Comunicado da FSM contra o bloqueo imposto polo goberno dos EEUU contra Cuba

A Federación Sindical Mundial que representa a 92 millóns de traballadores-as en cada recuncho do mundo esixe a eliminación inmediata do bloqueo imperialista contra Cuba. A FSM estivo e seguirá estando a carón do pobo cubano e de cada pobo do mundo que se levanta contra as intervencións e políticas imperialistas. Cremos firmemente que o pobo de cada país é responsable para decidir sobre o seu propio presente e futuro, sen os grílete dos monopolios e os gobernos burgueses.

 

  • Noticias relacionadas

 

O 26 de outubro, Cuba presentou un Informe na Asemblea Xeral  da ONU, esixindo a eliminación do bloqueo dos EEUU contra Cuba. Comprobouse que os embargos, os bloqueos e a discriminación non teñen nada que ver coa democracia ou a liberdade. Estas palabras utilízanse como escusa. Úsanas hipócritamente. En realidade, tentan forzar ao heroico pobo cubano a ceder ante os imperialistas e os seus cómplices na rexión.
 
Facemos un chamamento aos afiliados e amigos da FSM para que tomen medidas e iniciativas de solidariedade nos seus países respectivos, para que defendan por calquera medio o dereito do pobo cubano e o de cada outro pobo do mundo para decidir democraticamente e libremente sobre o seu futuro político e económico.
 
O Secretariado
 
O noso amigo Brais mándanos este vídeo co comentario:
 
Retallos de Cuba/1. Así vivimos Ana e mais eu como reivindicaba o pobo de Santiago de Cuba a fin do bloqueo e económico a Cuba. Así celebraba tamén o resultado da votación da Resolución contra o bloqueo na ONU. Esta votación, por primeira vez na historia, non contou con ningún voto en contra debido a que os USA (e Israel) se abstiveron. "Ya era hora" din dalgo que consideraron unha "vitoria do pobo cubano".
 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript