NÚMERO 333 - 07/11/2016
CUTUDC / Novidades
Os datos sobre emprego feitos públicos nestes últimos días sinalan o paulatino crecemento da temporalidade nas administracións públicas, en concreto establecen que 686.800 persoas desenvolven o seu traballo con contrato temporal, o que representa o número máis alto dos últimos catro anos.
Esta
circunstancia ten dous efectos perniciosos, por un
lado evidencia o alto número de traballador@s que,
na administración, sofren as consecuencias dun
emprego precario. Por outro lado tamén é un sinal do
paulatino deterioro do servizo que as
administracións públicas prestan á cidadanía e, en
especial, aos colectivos con menos medios económicos
que son os que máis dependen dos servizos públicos.
A alta e, polo que sinalan as estatísticas, crecente
eventualidade, xunto coas últimas sentenzas da UE e
xa dalgúns xulgados do estado, deberían repercutir
nunhas ofertas de emprego que solucionasen esta
situación. Unimos a nosa voz ás que noutras
administración se pronunciaron neste senso. Na nosa
universidade así o requiriremos nas negociacións da
Oferta de Emprego Público do ano 2017.
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript