NÚMERO 333 - 07/11/2016
CUTUDC / Novidades
As organizacións non gobernamentais convertéronse nunha maldición para o pobo haitiano. Así o denunciou Roraima Gutiérrez Moreno nun artigo publicado por AlbaTV.
“A primeira
gran maldición deste país caribeño, son as ONG´S
fabricadas na súa maioría en Estados Unidos de
América, Francia e Canadá. Comida para os pobres,
educación para os pobres, igrexas para eles. Este é
o motivo, dito doutra maneira, é o obxectivo
practicamente do 80% delas en Haití”.
“Haití con tan só 10 millóns de habitantes e 10
departamentos, ten máis de 12 mil ONG´s. Se
calculamos dámonos conta que isto equivale a máis de
mil ONG´s ao servizo de cada departamento.
Food for the poor, education for the poor, church
for the poor and ONG for the poor: todo para os
pobres! E Haití é o país máis “poor” que ten e non
ten nada. Agora pregunto de onde veñen esas chupa
sangue (ONG´s) que están empobrecendo esta linda
nación? Será que necesitamos a un David que poida
atacar a este Goliat? A isto referímonos cando
falamos das ONG´s en Haití, existe unha cantidade
tal destas organizacións non gobernamentais neste
espazo territorial, que xa se puido reconstruír o
país enteiro e lograr que cada familia haitiana
vivise dignamente, claro, se o obxectivo do 12 mil
ONG´s de Haití realmente fixesen o traballo que
“xenericamente as define”.
Para coñecer máis sobre esta denuncia, en Caribe
Nuestro conversamos con Roraima Gutiérrez Moreno
unha militante da loita dos pobos afrodescendentes.
A entrevista divulgouse na edición 114 de Caribe
Nuestro. A continuación podes escoitar a entrevista
completa.
Radio del Sur
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript