Novembro de 2016
 
 

NÚMERO 333 - 07/11/2016

   CUTUDC / Novidades

  ENQUISA DE POBOACIÓN ACTIVA
 

EPA: máis precariedade

Estes días pasados publicouse a Enquisa de Poboación Activa do terceiro trimestre. Os medios de comunicación resaltan a baixada do paro que nalgún caso sinalan como “histórica”, unha análise máis coherente dos datos demostran que a crise pesa sobre as costas d@s asalariad@s, d@s que estamos condenad@s a traballos temporais e cada día máis precarios e d@s que se expulsou da actividade laboral.

 

  • Noticias relacionadas

 

Se algo constata a EPA é:
 
Que a taxa de temporalidade creceu en 1,23 puntos porcentuais (o maior incremento nun terceiro trimestre desde 1989. Neste trimestre, a totalidade do emprego que se creou foi temporal. Os indefinidos caeron en 29.000 empregos.
 
Que as persoas ocupadas somos 18,5 millóns mentres que as persoas paradas son o 18,91% da poboación activa.
 
Que os fogares con todos os seus membros en paro suman 1,4 millóns.
 
Que mentres que durante os meses de verán se fixeron
226.500 contratacións ao remate dese tempo, primeiros de outubro déronse de baixa 300.000 contratos.
 
Que 3,4 millóns de persoas soamente gañan 350 € ao mes, persoas que non saen da pobreza.
 
Que os salarios, en bruto, máis frecuentes, sitúanse en 16.400€ anuais.
 
Que os pensionistas, 7,8 millóns de persoas, perciben unha pensión media de 14.033€ e que máis do 67% de todas as pensións non chegan aos 8.500€ anuais.
 
Que o emprego máis demandado correspóndese coas ocupacións de moi débil cualificación (peóns de diversas actividades, camareiros, axudantes e resto de ocupacións de ínfima cualificación).
 
Que a rotación no emprego (entradas e saídas continuas do emprego ao paro e viceversa) acelérase reducindo a duración media dos contratos.
 
Que os salarios das categorías de retribucións máis baixas, os menos cualificados, continúan o proceso de desvalorización
 
A poboación activa segue reducíndose, produto da desesperación, da emigración...
 
Que @s desempregad@s de longa duración aínda son 2.446.400 traballador@s
 
Que a taxa de cobertura media das prestacións por desemprego en 2016 é só do 55%.
 
A EPA constata o sufrimento de millóns de cidadáns, poñendo en solfa os discursos oficiais que se remiten sempre a cifras macroeconómicas de crecemento que ocultan a realidade para que non sexamos conscientes de quen realmente se beneficia da nosa desesperación.
 

 

 

 

 

 

 

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript