Outubro de 2016
 
 

NÚMERO 332 - 31/10/2016

   CUTUDC / Novidades

  UNIVERSIDADE DE COMPOSTELA
 

Negociación da funcionarización

Segundo nos informan @s compañeir@s da USC, o pasado día 20 de outubro relizouse unha reunión da Mesa Xeral de PAS na que se analizaron temas relacionados co proceso de funcionarización, esencialmente os que teñen que ver coa antigüidade (trienios), clasificación profesional e o marco financiero.

 

  • Noticias relacionadas

 

Sobre os trienios a Xerencia acepta a homologación dos trienios do persoal funcionario aos do persoal laboral. A homologación realizaríase nun periódo de 4 anos, o prazo no que se propón levar a efecto o proceso de funcionarización.
 
No apartado de clasificación profesional discutíronse as alternativas de cada unha das partes pero non se concretou proposta.
 
No que fai mención ao marco financeiro estableceuse que o proceso tería un custo de arredor de 1 millón de euros  dos que 600.000 euros sairían dos “aforros” derivados da funcionarización e os outros consolidaríanse a razón de 100.000 euros anuais durante os catro anos de duración do proceso. Tamén se sinalou que durante eses catro anos dedicaranse 200.000 euros anuais para ampliación de prazas que financiarían o incremento de arredor de 6 prazas por ano.
 

 

 

 

 

 

 

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript