Outubro de 2016
 
 

NÚMERO 332 - 31/10/2016

   CUTUDC / Novidades

  SINDICATO LABREGO GALEGO
 

MSC International publica unha análise global da interacción entre a agricultura labrega e os mercados

“Vinculación dos produtores a pequena escala cos mercados” é unha completa guía, froito de dous anos de intenso traballo, realizada por Mecanismo da Sociedade Civil sobre Seguridade Alimentaria e Nutrición (MSC International) que analiza, a escala global, a interacción entre a agricultura labrega e os mercados.

 

  • Noticias relacionadas

 

Desta maneira, na guía publicada por MSC International analízanse extremos como o efecto destrutivo dos tratados de libre comercio ou as fecundas interaccións entre a cidadanía, os poderes públicos e a agricultura local: dende a venda directa de leite por granxas en Gran Bretaña; aos consellos de política alimentaria en cidades como Toronto, Gante, Bristol, Turín ou Belo Horizonte; pasando por políticas en países como Brasil, onde os concellos que queiran recibir financiamento para a manutención dos comedores escolares teñen a obriga de mercar o 70% de alimentos non procesados e o 30% restante a explotacións agrícolas de familias labregas locais. Podedes descargar o informe completo na icona que atoparedes no remate desta páxina. 
 
Baixar ficheiro co documento
 

 

 

 

 

 

 

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript