Outubro de 2016
 
 

NÚMERO 332 - 31/10/2016

   CUTUDC / Novidades

  CRISE ESTAFA
 

Retomar a mobilización

Detrás dos discursos oficiais difundidos mediante un gran despregue mediático, que sinalan a mellora da situación laboral - ao sistema interésalle salientar a eficacia dos recortes que impuxo - escóndese unha realidade ben distinta. Á case imperceptible diminución do paro xúntase a crecente temporalidade e precariedade do pouco emprego que se crea. A isto xúntase o incremento dos Expedientes de Regulación de Emprego (EREs), que lle facilitan ao empresariado o despedimento masivo, e practicamente gratuíto para, ou ben “facer máis con menos” incrementando a explotación laboral, ou converter traballo con dereitos en traballo precario e sen dereitos.

 

  • Noticias relacionadas

 

O modelo sociolaboral que se consolida, cos sindicatos mirando para outro lado, é o do crecemento macroeconómico a costa do sufrimento da clase traballadora que ve como, de xeito paulatino, perde calidade de vida porque, entre outras cousas, no caso de acceder a un posto de traballo será cunhas condicións que non aseguran poder vivir con dignidade.
 
Esta circunstancia unida á gran proliferación de EREs que se están a presentar, cun incremento moi superior en Galiza que no resto do Estado, e o importante número de traballador@s afectad@s que incrementarán o número de desempregad@s tería que obrigar a un replantexamento da actuación dos sindicatos
 
A desmobilización social produto, entre outras cousas, de intereses políticos e electorais levou nesta etapa recente ao desánimo xeneralizado e a á aceptación dunha gran parte da clase obreira de toda esta situación, como algo irreversible.
 
Toca agora facer o traballo que non se fixo ou se abandonou con anterioridade, empezar de novo fortalecendo os lazos cos que peor o están pasando, c@s traballador@s, que soportamos a carga desas cifras macroeconómicas, desa bonanza económica que estamos moi lonxe de percibir.
 
Estamos obrigad@s a retomar a iniciativa e a mobilización para botar abaixo os recortes que nos impuxeron e para opoñernos ás medidas neoliberais que se preparan e que, se non somos capaces de impedilo, afundirán aínda máis no sufrimento e na desesperación aos colectivos máis desfavorecidos.
 
Os conselleiros do IBEX repartíronse 2.200 millóns desde o comezo da crise
 

 

 

 

 

 

 

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript