NÚMERO 332 - 31/10/2016
CUTUDC / Novidades
O Pleno do Congreso aprobou o, martes 18 de outubro, unha proposición non de lei pola que se insta ao goberno a ampliar a 16 semanas o permiso de paternidade e así igualalo co de maternidade. A proposta non de lei recibiu o voto a favor de 173 deputados, 2 en contra e a abstención de PP, Cidadáns e Foro de Asturias.
A proposta
insta o goberno a que os permisos sexan iguais para
ambos os proxenitores, intransferibles e 100%
remunerados. Tamén se require a protección do posto
de traballo durante este período.
O PP entende que, de levarse a efecto, a proposición
disparará o gasto, sinalando que debe ser analizada
no marco do Pacto de Toledo.
A proposición deberá pasar agora a trámites
lexislativos para determinar o contido da futura lei
e a súa publicación.
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript