Mariano
Rajoy: “España é o país que máis emprego crea”
Falso. España é o país número 14 de
Europa en taxa de creación de emprego, segundo
os últimos datos trimestrais de Eurostat.
Estamos detrás de Estonia, Irlanda, Lituania,
Chipre, Malta, Luxemburgo, Suecia, Eslovaquia,
Eslovenia, Portugal, Reino Unido, Hungría e Italia.
E empatados con Grecia, Dinamarca e Bulgaria.
Taxa de crecemento de emprego no segundo
cuadrimestre de 2016 nos países europeos

Fonte: Eurostat | gráfico:
eldiario.es
“España é fiable e iso tradúcese nos intereses
que paga a nosa débeda”
Falso. A prima de risco de España –e do resto dos
países europeos– reduciuse enormemente grazas á
compra de débeda por parte do Banco Central Europeo.
Foi Mario Dragui e
o seu famoso discurso de finais de xullo de 2012
–“O BCE fará todo o necesario para soster o euro, e,
créanme, iso será suficiente”– o que provocou esta
baixada nos intereses da débeda pública: de España e
de todos os demais.
Aquí está o gráfico da prima de risco española
comparada coa italiana.. É fácil adiviñar o día
en que o BCE empezou a actuar.

grafico prima de risco br />
“Os españois mostraron en dúas ocasións, tanto en
decembro como en xuño, a súa clara preferencia polo
Partido Popular”
Falso. Os españois sinalaron en dúas ocasións ao
Partido Popular como a minoría máis votada. Pero a
maioría dos españois votaron outras opcións. É certo
que os demais partidos foron incapaces de pactar
unha alternativa, pero que o PP lograse o 33% dos
votos non é unha “clara preferencia”, por moito que
Rajoy o repita sen cesar.
“Parece razoable que nunha democracia consolidada
como a nosa, goberne a forza política que teña máis
apoios entre os cidadáns”
Falso. Agora mesmo, só en 4 dos 28 países europeos
goberna un só partido. E en cinco deles –Dinamarca,
Bélxica, Luxemburgo, Letonia e Portugal– o primeiro
ministro ou presidente non é o candidato do partido
máis votado. Democracias europeas moito máis
consolidadas que a nosa teñen unha larguísima
tradición de gobernos desta condición.
“En España desde 1977 sempre gobernou a forza
política que contou con máis apoios populares”
Falso. Hai precedentes máis que dabondo en gobernos
autonómicos e municipais, que son tan democráticos e
tan españois como o goberno central. E o propio
Partido Popular participou en numerosos gobernos sen
o partido máis votado. Fixérono en Euskadi, aliados
co PSE contra o PNV. Fixérono no Concello de Madrid,
apoiados no CDS contra o PSOE. E fixérono tamén en
Valencia, para encumiar á entón segundoa Rita
Barberá.
"Dar un impulso á Formación Profesional, de
maneira que 100.000 alumnos poidan acceder ao
sistema de FP dual que tan bos resultados está a
dar”
Falso. Os “bos resultados” son un fracaso en
realidade.
Só un 1% dos alumnos estudan a FP Dual, esa gran
aposta do PP contra o paro xuvenil.
“O compromiso coa limpeza da vida pública
incúmbenos a todos os presentes”
Falso. Salvo que aceptemos que o presidente dos
sobres, o presidente do partido da caixa B, o
presidente do “se forte” a Luís Bárcenas sexa alguén
comprometido coa limpeza da vida pública. Mariano
Rajoy tamén é o presidente dun partido imputado polo
seu gran compromiso na destrución de probas para
impedir unha investigación xudicial de corrupción.
“Necesitamos un goberno aberto ao diálogo. Iso é
o que ofrezo. Estou disposto a negociar canto sexa
necesario todas as decisións”
Falso. Salvo que o ofrecemento de Mariano Rajoy
inclúa unha desculpa por todo o que fixo ata hoxe.
Nos últimos 300 días, o diálogo do Goberno en
funcións consistiu en desprezar ao Parlamento e
negarse a someterse ao seu control. A súa procura de
acordos cos demais partidos resumiuse en sentar a
esperar a súa rendición. Mesmo o seu pacto con
Cidadáns –o único e insuficiente acordo que o PP
logrou– empezou porque Albert Rivera deu o primeiro
paso. Rajoy non se moveu.
"Debemos asumir a necesidade de diálogo, non como
unha peaxe incómoda, senón como unha oportunidade de
consolidar reformas amplas e duradeiras",
Xusto o contrario ao que fixo durante os seus catro
anos de maioría absoluta con todas e cada unha das
leis que aprobou. Hoxe mesmo, a comunidade educativa
está de folga contra a LOMCE: unha reforma que non
quixo negociar con ninguén máis.
&“Teño o deber de poñer fin a esta situación, de
evitar unhas novas eleccións, e fágoo tan pronto
como percibín que as circunstancias cambiaron.”
Isto é un eufemismo, unha media verdade. “As
circunstancias” non cambiaron. Só o PSOE, que
presentou a súa rendición. Mariano Rajoy segue sendo
o mesmo presidente mentireiro e manchado pola
corrupción
Recollido de Escolar.net.