NÚMERO 332 - 31/10/2016
CUTUDC / Novidades
Temos que seguir loitando fronte a este fraudulento ERE que a nosa miserable empresa pretende executar. NON HAI CAUSAS para o mesmo. Esta panda de mafiosos pretenden executar centos de despedimentos mentres seguen a acosarnos diariamente. Agora, máis ca nunca non podemos deixar de loitar, porque a perda dun posto de traballo segue sendo a perda de todos.
Este grupo
empresarial atende a distintas actividades de
servizos, obra pública ou tecnolóxicas, polo que o
ERE en Galicia afecta a máis de 90 persoas dun cadro
de 125.
Tras varias reunións da mesa de negociación -na que
a CUT está representada polo compañeiro Hermindo
Caride- fóronse desmontando os argumentos e os
informes empregados pola empresa alegando causas
económicas, produtivas e organizativas.
A empresa está a realizar obras importantes en
Galiza no sector da construción, como as obras do
Ave en Ourense, as da Fabrica de Tabacos na Coruña
ou as da depuradora de Lagares en Vigo, entre
outras. O sector da Enxeñería ten por diante carga
de traballo polo que non existen motivos que
xustifiquen e avalen un ERE.
A empresa está renunciando á obra, rescinde
contratos, non paga a provedores, está , en
definitiva, intencionadamente renunciando a unha
actividade rendíbel.
A dirección da empresa non asume a súa
responsabilidade de mala xestión, manteñen aos
responsables da situación caótica nos seus postos de
traballo e cuns salarios desorbitados, co único fin
de destruír o seu potencial humano.
O Grupo Isolux Corsán entregou a empresa aos bancos
-na actualidade donos nun 95 % da débeda da
compañía- asinando préstamos por un total de 2.000
millóns de Euros.
Isolux Corsán está ignorando os dereitos laborais
dos traballadores e traballadoras, está a
aproveitarse da reforma laboral e pretende levar a
cabo un despedimento colectivo de mínimos,
argumentando a súa xustificación nunha “farsa”.
O conflito aberto neste grupo empresarial, non é
alleo ás políticas destes últimos anos da economía.
Os gobernos do momento financiaron e financiáronse
destes grandes grupos empresariais (FCC, Isolux,
Florentinos,…) en licitacións de obra civil e de
adxudicacións de servizos públicos. Chegados os
recortes nos que as inversións públicas e as
ganancias empresariais son reducidas, o primeiro que
fan e promulgar medidas de liquidación dos
traballadores e traballadoras; para iso teñen unha
ferramenta precisa que son os ERES, casualmente
perfeccionados para a patronal polo goberno
Zapatero.
Polo tanto, dende a CUT rexeitamos as medidas
propostas pola empresa e dicimos NON AO ERE DE
ISOLUX CORSÁN.
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript