NÚMERO 332 - 31/10/2016
CUTUDC / Novidades
A Comisión Europea reclamou este martes ao novo Goberno español que elabore e remita “canto antes” un orzamento actualizado para 2017 que conteña as reformas necesarias para cumprir co obxectivo de reducir o déficit ata o 3,1% do PIB, o que supón aprobar uns axustes duns 5.500 millóns de euros.
Nunha carta, o
vicepresidente do Executivo comunitario, Valdis
Dombrovskis, agradece ao Executivo en funcións que
enviase a tempo o borrador orzamentario para 2016,
que Bruxelas recibiu o 15 de outubro, pero lembra
que a previsión de peche para 2017 é do 3,6%, cinco
décimas por encima da cifra pactada.
“Polo tanto, pedimos garantías por parte das
autoridades españolas de que nos próximos días o
novo Goberno, canto antes unha vez que asumise o
cargo, entregue un borrador orzamentario actualizado
á Comisión (Europea) e ao Eurogrupo no que garanta o
cumprimento dos obxectivos”, engade a carta.
“Buscamos unha reconfirmación por parte das
autoridades españolas nos próximos días, respecto de
que o goberno entrante, tan pronto como sexa posible
despois de asumir, presentará un proxecto de plan
orzamentario actualizado”, afirma a Comisión nunha
carta enviada a Madrid.
Con todo, aínda que o Executivo liderado por Mariano
Rajoy prevé cumprir co obxectivo de redución do
déficit para este ano baixándoo dúas décimas por
baixo do 4,6% comprometido, no próximo exercicio o
desvío quedará medio punto por encima do desexado,
nun 3,6%.
Na misiva, asinada polo vicepresidente da Comisión
Europea para o Euro, Valdis Dombrovskis, e o
comisario de Asuntos Económicos e Financeiros,
Pierre Moscovici, lémbrase que as contas sen cambios
enviadas polo momento a Bruxelas non inclúen novas
medidas orzamentarias debido a que o actual Goberno
en funcións non ten poderes para iso.
EP
Recollido de LibreRed
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript