Número 332- 31 de outubro de 2016
 
 

UNIVERSIDADE. O xerente convocou á Xunta de Persoal para o día 3 ás 12:00 horas.

UNIVERSIDADE

Resumo da reunión do Consello de Goberno do 26/10/2016

O pasado día 26 realizouse a reunión do Consello de Goberno na que, como feito máis sinalado, tomou a decisión de reducir os cargos académicos de xestión nos centros e o número de departamentos. A votación, por petición de 6 PDI realizouse mediante voto secreto, en furna, dando como resultado 28 votos a favor da redución, 11 en contra, 1 abstención e 2 votos nulos.

 UNIVERSIDADE

    Por razóns alleas á nosa vontade que dificultan a circulación nos arredores do CUR este luns, día 31, vémonos na obriga de cancelar a apertura do local segundo vimos realizando habitualmente. Non obstante estamos ao voso dispor nas extensións telefónicas que vos detallamos.

UNIVERSIDADE DE COMPOSTELA

    Segundo nos informan @s compañeir@s da USC, o pasado día 20 de outubro relizouse unha reunión da Mesa Xeral de PAS na que se analizaron temas relacionados co proceso de funcionarización, esencialmente os que teñen que ver coa antigüidade (trienios), clasificación profesional e o marco financiero.

 ERE EXTEL - O COMITÉ DE EMPRESA INFORMA
    Temos que seguir loitando fronte a este fraudulento ERE que a nosa miserable empresa pretende executar. NON HAI CAUSAS para o mesmo. Esta panda de mafiosos pretenden executar centos de despedimentos mentres seguen a acosarnos diariamente. Agora, máis ca nunca non podemos deixar de loitar, porque a perda dun posto de traballo segue sendo a perda de todos.
MARCHAS DA DIGNIDADE

    A traxicomedia de Pedro Sánchez é a segunda edición - esta vez como farsa - da de Zapatero axeonllándose en 2010 ante Obama e a UE. O resultado: o mesmo. Un PSOE que pode – e fíxoo mil veces – disfrazarse con linguaxe esquerdista, para despois, sempre, levar a cabo as políticas sociais máis duras e a represión máis feroz, guerra sucia incluída.

UN PASO MÁIS PARA A IGUALDADE

    O Pleno do Congreso aprobou o, martes 18 de outubro, unha proposición non de lei pola que se insta ao goberno a ampliar a 16 semanas o permiso de paternidade e así igualalo co de maternidade. A proposta non de lei recibiu o voto a favor de 173 deputados, 2 en contra e a abstención de PP, Cidadáns e Foro de Asturias.

ASASINATOS MACHISTAS

    Zaragoza acolleu este martes a presentación dos primeiros datos e conclusións que contén o estudo Feminicidios e outros asasinatos de mulleres, informe España 2015, realizado por Feminicido.net , unha plataforma de iniciativa social, única en toda Europa, cuxo obxectivo é radiografar a violencia contra as mulleres desde unha perspectiva global.

MÁIS RECORTES

    A Comisión Europea reclamou este martes ao novo Goberno español que elabore e remita “canto antes” un orzamento actualizado para 2017 que conteña as reformas necesarias para cumprir co obxectivo de reducir o déficit ata o 3,1% do PIB, o que supón aprobar uns axustes duns 5.500 millóns de euros.

 PENSIÓNS
    Que non nos veñan coas milongas de sempre. O insustentable non é o sistema público de pensións. O insustentable é a política de emprego que está detrás do seu déficit actual. Porque a Seguridade Social non ten un problema de gastos, senón de ingresos. Uns ingresos que non crecen todo o rápido que sería necesario, por culpa da precariedade laboral e das abundantes bonificacións nas cotas que pagan os empresarios.
 FEDERACIÓN SINDICAL MUNDIAL
    ”A CUT considera esta edición do congreso un paso importante polo incremento de dos países asistentes, polo maior número de organizacións sindicais participantes e polo aumento de delegados e delegadas sobre o congreso anterior celebrado en Atenas. É moi significativa nesta edición a participación de 340 mulleres -auténtico lastre deficitario na Federación Sindical Mundial- cun significativo incremento de compañeiras africanas, asiáticas e da área musulmán. Igualmente, é relevante a integración de tres novas organizacións sindicais de Rusia, EEUU e Irán, esta última un sindicato potente.
• OPINIÓN - Ignacio Escolar

    
  •   
 
 UNIVERSIDADE

    O proceso de redución de cargos académicos e de departamentos evidenciou, nunha parte do profesorado da nosa universidade, un proceder impropio do espírito universitario. Escapar da deliberación nos órganos de representación da comunidade universitaria nada ten que ver co fomento da racionalización das ideas, a reflexión e a comprensión da realidade a través do debate.

 XUNTA DE GALIZA
 CONTRA DESTRUCIÓN DE EMPREGO
    O pasado 28 de setembro o Grupo Isolux Corsán iniciou a negociación dun expediente de regulación de emprego extintivo (ERE) que afectará a 535 traballadores e traballadoras dun cadro de 1.500 persoas.
 CRISE ESTAFA
    Detrás dos discursos oficiais difundidos mediante un gran despregue mediático, que sinalan a mellora da situación laboral - ao sistema interésalle salientar a eficacia dos recortes que impuxo - escóndese unha realidade ben distinta. Á case imperceptible diminución do paro xúntase a crecente temporalidade e precariedade do pouco emprego que se crea. A isto xúntase o incremento dos Expedientes de Regulación de Emprego (EREs), que lle facilitan ao empresariado o despedimento masivo, e practicamente gratuíto para, ou ben “facer máis con menos” incrementando a explotación laboral, ou converter traballo con dereitos en traballo precario e sen dereitos.
 SINDICATO LABREGO GALEGO
    “Vinculación dos produtores a pequena escala cos mercados” é unha completa guía, froito de dous anos de intenso traballo, realizada por Mecanismo da Sociedade Civil sobre Seguridade Alimentaria e Nutrición (MSC International) que analiza, a escala global, a interacción entre a agricultura labrega e os mercados.
 MEDIOS DE COMUNICACIÓN E MANIPULACIÓN
    O Xulgado de Primeira Instancia Número 2 de Madrid condenou ao xornal El País a publicar unha rectificación polas informacións publicadas sobre o colectivo Distrito 14. En concreto, a condena –que contempla un prazo de 20 días para a presentación de recursos– refírese á publicación, o pasado mes de xullo, do artigo Distrito 14: ‘vítimas’ e verdugos de barrio, publicado tanto na versión web como no papel do diario e no que se acusaba aos membros deste colectivo de Moratalaz de “violentos” e ser “detidos por brutais agresións e altercados”.
 MANIPULACIÓN SOCIAL
    “Se non estás prevido ante os medios de comunicación, faranche amar ao opresor e odiar ao oprimido” Malcom X (1925-1965). Pablo González Casanova, ex reitor da Universidade Nacional Autónoma de México, afirma que as crises prodúcense, en certos casos, deliberadamente polas corporacións, asegurando que “O sistema de dominación e acumulación en que vivimos -coñecido como capitalismo- ten como atractivo principal a acumulación de poder e riquezas”.
 LINGUA - A MESA POLA NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA
    As grandes empresas de luz, auga, telefonía, banca, seguros e incluso a administración pública teñen subcontratados os servizos de atención ao público a través de empresas de centros de chamadas.
    CARTAS QUE RECIBIMOS

     

    

Actuacións da Xunta de Persoal

  •   
    

Vindeiras actuacións do Comité

     

  •   
    

Achéganos a túa opinión

Escríbenos ao enderezo electrónico:
cutudc@cutudc.com

  •   
    
  •   


 

     
      LECCIÓN

       
        "NEGOCIANDO" O RESCATE

         
          Números anteriores
           
          De interese
          O sindicalismo de clase depende de tí
          CALENDARIO LABORAL 2010
          CALENDARIO LABORAL 2011
          CALENDARIO LABORAL 2012
          CALENDARIO LABORAL 2013
          CALENDARIO LABORAL 2014
          CALENDARIO LABORAL 2015
          CALENDARIO LABORAL 2016
          A LOITA DE AMINETU HAIDAR REPRESENTA A TODO UN POBO. SOLIDARIEDADE CO POBO SAHARAUÍ
           
          Sácalles a lingua  
           
          CONTRA O PACTO SOCIAL
          O XORNAL - información obreira
          O IMPERIALISMO NON PASARA!!
          NON AS NUCLEARES
          7 DE SETEMBRO, Festival da Cultura Proletaria

          cutudc.com, 2009. DHTML Menu By Milonic JavaScript